- Tematica
O alcalde de Ames, Blas García, visitou xunto á concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, e ao concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, as instalacións da empresa A Emotional Light, situada dende 2018 no parque empresarial do Milladoiro. Trátase dunha empresa punteira no sector do deseño e fabricación de luminarias artesanais. Todo o proceso, dende a transformación dos materiais ata a obtención do produto final, faise a man, dándolle valor ao deseño da luminaria. Cada produto é singular e único e está pensado para iluminar espazos, persoas e momentos. Venden as súas creacións en máis de 60 países. O 85% da súa produción é exportada ao mercado internacional (países europeos, Estado Unidos, suroeste asiático, etc.).
Durante a visita o alcalde e concelleiros/as do goberno municipal puideron coñecer de primeira man o traballo que realiza o equipo desta empresa afincada en Ames. Foron recibidos por Marcos Rioseco e Miguel Martínez, propietarios e membros do equipo directivo da empresa.
A historia de A Emotional Light está composta por luz, experimentación e artesanía. Esta empresa está situada dende o ano 2018 no parque empresarial do Milladoiro e durante máis de 25 anos o seu taller funcionou como laboratorio artístico. É por iso polo que desde a orixe, as súas lámpadas buscaron destacar cunha identidade única, capaz de sorprender e emocionar. Trátase dunha empresa punteira no sector do deseño e fabricación de luminarias decorativas.
O alcalde, Blas García, mostrouse tremendamente orgulloso do tecido empresarial amesá, que parece non ter teito. “Nestes momentos estamos a traballar para aumentar o solo industrial do concello ante a demanda de importantes firmas que ven en Ames unha gran importunidade para seguir medrando”.
O equipo de A Emotional Light elabora todo tipo de lámpadas (de mesa, pé, colgantes, de parede ou colgantes). Todo o proceso, dende a transformación dos materiais ata a obtención do produto final, faise a man, dándolle valor ao deseño da luminaria. Cada produto é singular e único e está pensado para iluminar espazos, persoas e momentos. Venden as súas creacións en máis de 60 países. O 85% da súa produción é exportada ao mercado internacional (países europeos, Estado Unidos, suroeste asiático, etc.).
Miguel Martínez, pertencente ao equipo directivo da empresa, explica que na medida do posible tratan de “traballar con provedores locais e empregar recursos próximos. Traballamos con materiais de máxima calidade que nos permiten elaborar as nosas lámpadas artesanalmente e innovar con formas e procesos. Descontextualizamos materiais como a malla metálica, a madeira ou o vidro e con técnicas artesanais, transformámolos, encartámolos e os curvamos ata conseguir formas cálidas, amables e vivas que nos permiten producir lámpadas con deseños únicos”.
Ademais, durante a visita, os integrantes do equipo directivo de A Emotional Light mostraron a súa intención de continuar no parque empresarial do Milladoiro. Tamén agardan que esta visita serva para que a veciñanza de Ames coñeza o traballo que realizan e din estar “abertos á comunidade local do municipio”.
A nivel creativo a marca conta coa dirección artística do deseñador galego Isaac Piñeiro, así como deseños de consagrados creadores como Arturo Álvarez ou Héctor Serrano. Ademais, cabe destacar a estrita colaboración co estudio de deseño amesá Cenlitros.
En canto aos proxectos de iluminación que desenvolven destacan as colaboracións con cadeas hoteleiras de primeiro nivel nacionais e internacionais, así como restaurantes de alta cociña, sedes corporativas de empresas internacionais e proxectos residenciais.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Una empresa de lámparas decorativas de Ames exporta el 85 % de su producción a 60 países"