- Tematica
A Xunta de Galicia entregou este martes, 3 de marzo, os galardóns dunha nova edición dos Premios á Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (RSE). No apartado de pequena empresa foi premiada a entidade Tecalis Innovación con sede no parque empresarial do Milladoiro. A entidade Altia, que conta cunha delegación no parque do Milladoiro, recibiu o recoñecemento na categoría de gran empresa. Ademais, a Empresa Monforte foi premiada no apartado de mediana empresa; e Congalsa, galardoada coa mención á conciliación. O obxectivo destes premios é mostrar e reivindicar publicamente o labor daquelas empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade solidaria na súa xestión e na súa actividade diaria. Por parte do Concello de Ames asistiron a este acto o alcalde, Jose Miñones, e maila concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz.
Cos Premios RSE Galicia, a Xunta quere destacar o labor de compañías cun compromiso claro coa responsabilidade social empresarial na súa xestión, ao tempo que se sensibiliza a todo o tecido empresarial sobre a importancia dunha xestión responsable e sustentable. O acto de entrega de premios estivo presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Por parte do Concello de Ames asistiron a este acto o alcalde, Jose Miñones, e maila concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz.
No acto celebrado onte pola tarde en Santiago de Compostela entregáronselle os recoñecementos a Altia, na categoría de gran empresa; Empresa Monforte, distinguida dentro das medianas empresas; Tecalis Innovación, no apartado dedicado ás pequenas empresas, e Congalsa, que recibe a mención á conciliación.
No caso de Altia, o xurado recoñece o desenvolvemento integral da RSE, con indicadores destacados no ámbito laboral como o emprego de calidade, a seguridade, a saúde e a formación dos seus empregados. No ámbito ambiental, esta compañía aposta pola eficiencia enerxética e, no social, cabe mencionar as súas accións en favor da igualdade de oportunidades e da integración social, sendo ademais moi activa na promoción do voluntariado.
No tocante a Empresa Monforte, destaca no desenvolvemento dun código de conduta e dunha canle responsable, así como o seu sistema de xestión de empresa saudable e a súa adhesión a un protocolo de paradas seguras.
Aposta pola excelencia empresarial
A empresa tecnolóxica Tecalis Innovación sobresae pola súa visión integral da RSE, cunha aposta pola excelencia empresarial. Conta con medidas de conciliación familiar, e horario flexible para todos o seu persoal, entre outros aspectos. Ademais, desenvolve accións de voluntariado e socialmente responsables, colaborando con centros educativos no fomento de carreiras STEM.
Esta empresa colabora na campaña Zocos e Trasnos posta en marcha pola Oficina de Voluntariado de Ames. Na campaña de 2019 o persoal da empresa Tecalis doou nun 95% a súa cesta de Nadal/regalo de empresa e colaborou tanto economicamente coma fisicamente na campaña solidaria Zocos e Trasnos.
Congalsa é destacada polo xurado por propiciar medidas de conciliación ás súas persoas traballadoras, como son o acceso a xornadas de traballo reducidas, ademais de contar cunha xornada intensiva. Conta cun sistema de melloras sociais, permite a planificación das vacacións para coincidir cos períodos vacacionais estudantís e permisos de paternidade de 16 semanas. Ten, ademais, unha política que se dirixe a evitar a discriminación na promoción interna de traballadores.