Pestanas principais

En Ames impartiranse cursos de galego preparatorios para o CELGA 2 e CELGA 4

Martes, 25 de marzo de 2014

[25-03-2014] A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publicou o luns, 24 de marzo, a programación de cursos preparatorios para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (CELGA) para o ano 2014. No Concello de Ames vaise desenvolver un curso de CELGA 2 e outro de CELGA 4. Ambos os dous cursos comezarán o día 1 de abril e terán lugar en Bertamiráns, no IES de Ames, de luns a venres, en horario de 19.00 h a 21.00 horas. Todas as persoas interesadas en participar nalgún dos cursos programados teñen de prazo ata o 31 de marzo para formalizar a súa matrícula a través do correo electrónico sxpl.acoruna@xunta.es.

A SXPL da Xunta de Galicia trasladoulle onte aos concellos e publicou na súa páxina web a programación de cursos preparatorios para as probas CELGA 2014. Na segunda quincena de febreiro, o Concello de Ames, por indicación da SXPL abriu un prazo de preinscrición no que se rexistraron 105 solicitudes para realizar cursos de galego, concretamente 27 para o Celga 1, 27 para o Celga 2, 23 para o Celga 3 e 28 para o Celga 4. Todas esas solicitudes trasladáronse á Xunta de Galicia e partir de aí determinouse o número, lugar e calendario definitivo de cursos que se van realizar.

Ao Concello de Ames correspondéronlle dous cursos, un de CELGA 2 e outro de CELGA 4. Ambos os dous comezarán o día 1 de abril e terán lugar en Bertamiráns, no IES de Ames, de luns a venres, en horario de 19.00 h a 21.00 h. Todas as persoas interesadas en participar nalgún dos cursos programados teñen de prazo ata o 31 de marzo para formalizar a súa matrícula a través do correo electrónico sxpl.acoruna@xunta.es.

Formalización de matrícula ata o 31 de marzo
Todas as persoas interesadas en participar nalgún dos cursos programados teñen de prazo ata o 31 de marzo para formalizar a súa matrícula. Para este trámite de matrícula deben seguirse as instrucións indicadas pola Secretaría xeral de Política Lingüística. Isto é, deben enviar un correo electrónico ao enderezo sxpl.acoruna@xunta.es no que indiquen os seguintes datos: nome e apelidos, NIF, enderezo electrónico, teléfono de contacto e curso ao que desexan asistir (nivel, centro de impartición e localidade).

As persoas preinscritas nalgún dos niveis que non se impartan en Ames, Celga 1 e Celga 3, se están interesadas, poderían matricularse neses niveis noutro concello (neste caso, o situado a menos distancia sería Santiago de Compostela) ou matricularse no nivel máis próximo que se imparta en Ames. Estes cursos son gratuítos e teñen unha duración de 70 horas lectivas.

Matrícula nas probas CELGA, ata o 11 de abril
As probas para obter os certificados de lingua galega son independentes da formación; realizaranse no mes de xuño e para poder participar cómpre matricularse e pagar as taxas correspondentes.

A localidade máis próxima para realizar eses exames será Santiago de Compostela. As datas das probas son as seguintes: Celga 4, o 1 de xuño; Celga 2, o 15 de xuño; Celga 3, o 21 de xuño e Celga 1, o 22 de xuño.

O prazo para a inscrición nas probas rematará o día 11 de abril de 2014, e as persoas interesadas deberán cubrir a solicitude, aboar as taxas e presentar a documentación na Xunta de Galicia conforme sinala a correspondente convocatoria das probas Celga. Para obter máis información pode ver a convocatoria de probas publicada no DOG o 11 de marzo de 2014 picando aquí.

Se precisa aclarar algunha dúbida pode poñerse en contacto co Gabinete de Normalización Lingüística da Provincia Coruña nos teléfonos 981 184 898 // 981 182 350 ou co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames no teléfono 981 884 991.