Pestanas principais

Escoita as pezas teatrais do concurso radiofónico de teatro lido de Ames, Desata a Lingua!

Martes, 27 de novembro de 2012

[27-11-2012] Xa está aberto o prazo para poder votar as pezas teatrais presentadas ao concurso de teatro lido de Ames, Desata a Lingua! Estes textos pódense escoitar en Ames Radio, en horario de 13:30 h a 14:30 h e de 22:00 h a 23:00 horas, de luns a venres ata o próximo 2 de decembro. Premendo nos enlaces de audio que están ao pé deste aviso, tamén poderás escoitar as pezas teatrais deste concurso. Nesta edición presentáronse 8 grupos de rapaces e rapazas do IES de Ames e do Colexio Alca. En total participan 26 alumnos/as que están cursando estudos de segundo ciclo da ESO ou de bacharelato. A temática de todas as pezas versa sobre a situación social do idioma galego. Os e as concursantes poderán obter un dos dous premios, o da audiencia ou o do xurado, cunha contía de 300 euros, cada un deles. As votacións do público realizaranse enviando un e-mail ao correo radioteatro@concellodeames.org ou chamando ao teléfono 981 890 452.