Pestanas principais

A escola de danza Balancé presenta “Mary Poppins: El musical” en dúas representacións benéficas

Xoves, 21 de decembro de 2023

A escola de danza santiaguesa Balancé representará “Mary Poppins: El musical” na Casa da Cultura de Bertamiráns en dúas galas benéficas en beneficio das fundacións Aladina e UCIM. As actuacións serán o 23 de decembro de 2023 e o 3 de xaneiro de 2024, ás 20.00 horas. As entradas para a primeira actuación están esgotadas, pero aínda poden mercarse para a función do 3 de xaneiro no local da academia Balancé e a través do teléfono 616 83 59 38.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá dúas galas benéficas nas que se representará “Mary Poppins: El musical”. Os cartos das entradas destinaranse integramente á  fundación Aladina, adicada a axudar a nenos e adolescentes con cancro e ás súas familias, e á fundación UCIM, unha fundación turca que recada fondos para axudar ás nenas que sofren abuso en Turquía. Haberá dúas sesións: unha o sábado 23 de decembro de 2023, e outra o mércores 3 de xaneiro de 2024, ambas ás 20:00 horas.

As entradas para a primeira sesión xa están esgotadas, pero aínda hai entradas á venta para a sesión do día 3 de xaneiro no local da Academia Balancé en Santiago de Compostela e no teléfono 616 83 59 38: as dos adultos custan 10€, e as dos nenos (de 0 a 12 anos) 5€.

O espectáculo é unha adaptación do filme homónimo levada á danza e, ademais de amosar a evolución técnica dos alumnos, busca ofrecer unha mostra de artes escénicas coa que o público poida pasar un bo rato.

O musical está formado por 90 persoas, con nenos desde os tres anos ata adultos. Os protagonistas principais son Irene Fraga no papel de Mary Poppins, Miki no papel de Bert, Elsa Desclos no papel de Jane e Pedro Pérez no papel de Michael. Todas as cancións que conforman o musical serán cantadas en directo.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Mary Poppins llega a Ames agotando todas las entradas en su primera fecha"

A escola de danza Balancé presenta “Mary Poppins: El musical” en dúas representacións benéficas

Multimedia

  • Cartaz de "Mary Poppins, el musical"