Pestanas principais

A escola de karate Dokkodo consegue sete medallas no Campionato Galego Infantil

Venres, 15 de marzo de 2024

Esta pasada fin de semana celebrouse en O Barco de Valdeorras o Campionato Galego Infantil, organizado pola Federación Galega de Karate. Nesta cita, a escola amesá Dokkodo presentouse con seis deportistas que conseguiron volver a casa con sete medallas.

Na modalidade de kata alevín, participaron Bruno Varela, Martín Campos e Xián Blanco. Bruno perdeu no seu primeiro encontro sen opción a repescar, Martín gañou o primeiro encontro pero caeu no segundo, e Xián, tras gañar os dous primeiros enfrontamentos, perdeu en cuartos de final contra o finalista da categoría, polo que disputou a repesca e conseguiu a medalla de bronce. En kata benxamín, Tiago Blanco gañou tódolos seus encontros, o que lle valeu a medalla de ouro.

Na modalidade de kumite, Bruno Varela e Martín Campos conseguiron o terceiro posto da categoría alevín >34Kg, mentres que Xián Blanco se proclamou campión desa mesma categoría. Para rematar a mañá, Jadel Rodríguez logrou a medalla de prata en kumite infantil >45Kg.

Durante a xornada de tarde, Raúl Rodríguez foi o único representante da escola. Competiu en kata e kumite. Aínda que o metal só chegou no combate, gañou tódolos seus encontros con suficiencia e obtivo a medalla de ouro na categoría cadete <52Kg.

A escola de karate Dokkodo consegue sete medallas no Campionato Galego Infantil

Multimedia

  • A escola de karate Dokkodo consegue sete medallas no Campionato Galego Infantil