Pestanas principais

A escola de karate Dokkodo pechou o curso co evento “Karate en Familia”

Martes, 02 de xullo de 2024

O pasado 27 de xuño a escola de karate Dokkodo clausurou o curso 2023/2024 co evento “Karate en Familia” na Casa da Cultura de Bertamiráns. Durante esta xornada, o alumnado compartiu o seu derradeiro adestramento antes das vacacións coas súas familias.

O pasado xoves a escola Dokkodo finalizou a tempada cun adestramento na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este evento, que levou por nome "Karate en Familia" foi un éxito, reunindo a case medio centenar de persoas. Nel o alumando tivo a oportunidade de compartir o seu último adestramento antes das vacacións estivais cos seus seres queridos, incluíndo nais, pais e amigos. A xornada destacou pola participación activa e o entusiasmo de tódolos asistentes.

Ao final do adestramento, realizouse a Cerimonia de Cambio de Cinturón, na que se fixo entrega dos novos cinturóns aos alumnos que superaron os exames de kyus, así como dos correspondentes diplomas. Este acto simbolizou o recoñecemento ao esforzo e á dedicación dos karatekas ao longo do ano.

A escola de karate Dokkodo pechou o curso co evento “Karate en Familia”

Multimedia

  • A escola de karate Dokkodo pechou o curso co evento “Karate en Familia”