- Tematica
Xa está aberto prazo para inscribirse nas últimas prazas que quedan libres na Escola Municipal de Música (EMMA) para o curso 2023-2024. As vacantes son nas disciplinas de violín, música e movemento, e frauta. Aqueles que aínda estean interesados en participar nalgunha destas modalidades poden inscribirse cubrindo esta ficha e enviándoa a través da Sede electrónica do Concello, ou entregándoa nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (en Bertamiráns e no Milladoiro). Ao tratarse dun prazo extraordinario de inscrición, as prazas adxudicaranse por orde de entrada da solicitude en rexistro.
A Escola Municipal de Música de Ames abre un novo prazo de inscrición extraordinario para o curso 2023-2024. Deste xeito, fai públicas as vacantes que aínda quedan dispoñibles:
Prazas dispoñibles:
-Música e movemento (nacidos no ano 2018):
Luns e mércores (en horario de 17:30 a 18:30 horas): 7 prazas
-Violín:
Mércores (en horario de 15:30 a 16:00 horas): 1 praza
-Frauta (para maiores de 7 anos):
Venres (en horario de 17:00 a 17:30 horas): 1 praza
Venres (en horario de 17:30 a 18:00 horas): 1 praza
Venres (en horario de 19:00 a 19:30 horas): 1 praza
A actividade de Música e Movemento facilita que a rapazada amplíe o seu vocabulario e practique as súas destrezas motoras. Ao cantar, os nenos e nenas aprenden naturalmente ao son das letras, e as rimas espértanlles a imaxinación. Por outra banda, a materia axuda a mellorar a coordinación dinámica xeral cos ritmos musicais, afianza o desenvolvemento de determinadas capacidades, como a coordinación psicomotriz e a coordinación audio-motora, e desenvolve e amplía as posibilidades e experiencias corporais do ritmo, a coordinación e o movemento.
As clases de instrumento son individuais, de media hora á semana. Unha vez adquiridos certos coñecementos, e previa consulta co profesor, poderase participar en clases grupais dese mesmo instrumento e formar parte das distintas agrupacións musicais da escola.
Inscricións
As vacantes poderán completarse ao longo do curso escolar. Os/as interesados/as deben cubrir a ficha de inscrición e enviala a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén pode facerse nos rexistros municipais ou a través de calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude en rexistro.
O alumnado que reciba confirmación de que obtivo unha praza deberá confirmala pagando o importe da matrícula nos cinco días posteriores á confirmación. Para facelo, recibirá a través do seu correo electrónico unha folla de auto-liquidación, que tamén se pode recoller na oficina de recadación do Concello de Ames ou na propia oficina da Escola de Música na Casa da Cultura do Milladoiro. Unha vez pagada a matrícula, débese enviar o xustificante de pagamento ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.
Comezo das clases e información
As clases comezarán o 8 de xaneiro e impartiranse no Edificio Multiusos de Aldea Nova. Seguirase o calendario escolar, polo que non haberá clases nas vacacións de Nadal, de Entroido e de Semana Santa.
Para máis información pódese chamar ao teléfono da Escola Municipal de Música, o 981 535 940, enviar un correo ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal, ou acudir á Casa da Cultura do Milladoiro en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Novas relacionadas:
Ames Go: "Últimas prazas na Escola Municipal de Música de Ames"