Pestanas principais

As Escolas Infantís Municipais participan da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Xoves, 26 de novembro de 2020

Na fachada da Escola Infantil “O Bosque”, en Bertamiráns está pendurada unha pancarta co lema “Eduquemos na igualdade”. Na Escola Infantil “A Madalena” analízase o conto “Vivan as uñas de cores. Estes son algúns dos sinais máis visibles do traballo a prol da igualdade que estes días levan a cabo as Escolas Infantís Municipais, un traballo que non se reduce ás datas que abeiran o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, senón que forma parte da filosofía educativa destes centros.  

Non é un ano doado para facer demasiadas actividades que trastornen o decorrer diario das Escolas Infantís Municipais. Os protocolos hixiénicos, o coidado nas distancias de seguridade, a remodelación de espazos para cumprir as normas e garantir a seguridade,   impiden que as mestras destas escolas dediquen horas, empeño e creatividade a realizar actividades fora das rutinas de todos os días como adoitaron facer sempre.

Aínda así, nótase as datas nas que estamos na vestimenta das mestras de “O Bosque” que elixiron para estes días as camisetas da campaña En Negro, na pancarta pendurada da fachada da escola que di “Eduquemos na Igualdade”, no poster enorme, tamén da campaña "En Negro", que está colocado na porta da Escola Infantil de "A Madalena" e no traballo que  fan co libro ilustrado "Vivan as uñas de cores",un texto imprescindible para traballar temas como a tolerancia, a empatía e a igualdade.

Vivan as uñas de cores e a historia de Xan, un neno ao que lle encanta pintar as uñas de cores. Pero un día os nenos métense con el no colexio, dende entón Xan non quere levar as uñas pintadas ao cole. O seu pai para animalo, sempre pinta as uñas cando o vai a recoller ao cole. Todo cambiará o día do seu cumpre que como agasallo todos os nenos do cole pintarán as uñas de cores.
 
“Este é so un pequeno exemplo das mensaxes que cada día envíamos aos mais pequenos da casa e que quedan gravadas a lume na súa mente, e que fan que non teñan medo de mostrarse como son cando reciben críticas por ser como queren ser ou cando lles din que teñen que empregar un determinado tipo de xoguetes atendendo ao sexo”, manifesta a directora da Escola Infantil de A Madalena, Xandra Dios.

Escola Infantil A Madalena

Multimedia

  • Pancarta na Escola de "O Bosque"
  • Lendo conto na Madalena
  • Mestras de O Bosque coas camisetas da campaña En Negro
  • A Madalena