Pestanas principais

Está en exposición pública o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica de 2015

Martes, 17 de marzo de 2015

[17-03-2015] O Concello de Ames informa de que está exposto o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica correspondentes ao exercicio 2015. O devandito padrón está exposto ao público nos taboleiros públicos do Concello de Ames e da Deputación provincial da Coruña durante o prazo comprendido desde o 13 de marzo ao 17 de abril de 2015, ambos os dous inclusive. Premendo no enlace que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o aviso que sae publicado no Boletín Oficial da Provincia o 12 de marzo.