- Tematica
O alcalde de Ames, Blas García, acompañado do técnico do Ciclo integral da auga, Esteban de la Fuente, do responsable da Brigada municipal de Obras, Juan Calvo, e de membros da empresa Iglesias Mera, visitaron esta mañá o lugar de Firmistáns, para ver o estado das obras de mellora dos accesos e camiños interiores executadas nesta aldea da parroquia de Bugallido. As obras están practicamente rematadas e tan só falta por finalizar a mellora dun camiño interior que no que se está colocando o empedrado con adoquín e esta semana, se a climatoloxía o permite, aplicarase o pavimento de formigón. Nos vindeiros días farase o pintado das marcas viarias nos accesos aglomerados. Este proxecto, que está sufragado con cargo ao POS+ 2020, ten un orzamento de 132.967,92 euros. A obra foi adxudicada á empresa Construcciones Iglesias Mera SL.
O Concello de Ames segue a traballar na mellora dos camiños do rural. Desta volta, coa mellora dos accesos e camiños interiores á aldea de Firmistáns. Os traballos comezaron coa canalización da rede de pluviais e continuaron coa mellora do pavimento dos camiños de acceso e interiores. Para iso aplicouse aglomerado en quente, no caso dos accesos, e empregouse formigón para a mellora dos camiños interiores. Isto supón un maior custe dos materiais empregados, pero garante que ditos viarios e camiños queden en boas condicións durante un maior tempo.
Esta mañá o alcalde de Ames e responsable da concellaría de Obras, Blas García, acompañado do técnico do Ciclo integral da auga, Esteban de la Fuente, do responsable da Brigada municipal de Obras, Juan Calvo, e de membros da empresa Iglesias Mera, visitaron o lugar de Firmistáns para comprobar o estado de ditas obras. As obras están practicamente rematadas e tan só falta por finalizar a mellora dun camiño interior que no que se está colocando o empedrado con adoquín e esta semana, se a climatoloxía o permite, aplicarase o pavimento de formigón. Nos vindeiros días farase o pintado das marcas viarias nos accesos aglomerados. Esta obra que ten un orzamento de 132.967,92 euros foi adxudicada á empresa Construcciones Iglesias Mera SL. A totalidade deste proxecto sufrágase con cargo ao POS+ 2020.
O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, manifesta que “esta era unha obra moi necesaria xa que os accesos a Firmistáns se atopaban nun estado no que necesitaban unha actuación de mantemento e mellora”. Ademais, destaca o alcalde que “esta actuación vén a ampliar o número de melloras que se están a realizar no rural e coas que se pretende darlle continuidade ao plan de investimentos para a realización de melloras nos núcleos rurais e que veñen a significar un esforzo económico moi importante”.
Características das obras
A través deste proxecto actuouse nos viarios de acceso ao lugar de Firmistáns, na parroquia de Bugallido, compostos por 5 treitos de 180 metros, 40 metros, 360 metros, 105 metros e 85 metros con anchos medios de 4 metros para os tres primeiros e 5 metros para os dous restantes. Ademais, actuouse en 80 metros cadrados de sobreanchos. Deste xeito, mellorouse a capa de rodaxe coa extensión de 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Para os viarios interiores, de 465 metros cadrados e 655 metros cadrados, demoleuse o pavimento antigo e executouse un novo con 15 centímetros de formigón delimitado por adoquín de pedra granítica todo elo sobre 10 centímetros de zahorra. Tamén se executaron catro treitos de cuneta transitable en formigón (180 metros, 50 metros, 105 metros e 85 metros) baixo os que se canalizou tubo de PVC para a recollida de pluviais.
Esta rede de pluviais tamén se executou baixo os pavimentos de formigón con 270 metros do mesmo tubo e 44 metros de PVC para as conexión das baixantes. Dita rede completouse coa colocación de 27 sumidoiros e 11 metros de caz con reixa. Tamén se realizou a limpeza previa de cunetas e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e nos vindeiros días farase o pintado das marcas viarias nos accesos aglomerados.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Avanza a obra de mellora de accesos en Firmistáns"
Enfoques: "Esta semana finalizan las obras de mejora de accesos y caminos en Firmistáns (Ames)"
AMSGO: "Rematan as obras de Firminstáns"