Pestanas principais

Estabilizado o cadro de gastroenterite que afectou á rapazada e monitorado detectado no CEP de Ventín

Sábado, 18 de maio de 2024

Estabilizado o cadro de gastroenterite detectado no CEP de Ventín e que afectou tanto a rapazada como a monitorado. Nos próximos días coñecerase a orixe, vírica ou alimentaria, desta afección mediante as mostras recollidas nos comedores escolares amesáns e os coprocultivos dos pacientes que precisaron acudir a un centro sanitario. Sanidade rexistrou 65 casos durante o día de onte, sen ningún cadro de gravidade. A totalidade das persoas atendidas foron dadas de alta.

Dende o Concello de Ames e dende a Consellería de Sanidade recordase que existen liñas habilitadas para a comunicación de novos casos que poidan ir xurdindo. No caso de necesitar algún tipo de información do concello a veciñanza pode poñerse en contacto mediante o teléfono 649 82 90 90. Se precisa comunicar un novo caso chame ao número do Sistema de Alerta Epidemolóxica de Galicia, 649 82 90 90.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Dan por estabilizado el brote de gastroenteritis en colegios de Ames"

EL Correo Gallego: "Estabilizada la incidencia de la gastroenteritis en los colegios de Ames al sumar apenas seis casos en las últimas horas"

Imaxe de arquivo do CEP de Ventín