Pestanas principais

Estanse executando as obras de saneamento e abastecemento de Guimaráns e Buceleiras

Sábado, 18 de xuño de 2022

Esta semana o alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e mailo concelleiro do Rural e Participación Cidadá, Santiago Márquez, achegáronse ata o lugar de Guimaráns, na parroquia de Bugallido. Na visita estiveron revisando o estado das obras, que están en fase de execución, para dotar as aldeas de Guimaráns e As Buceleiras, amabas da parroquia de Bugallido, dos servizos de saneamento e abastecemento. Estas actuacións, que están incluídas no Ciclo Integral da Auga (CIA), foron adxudicadas á empresa Construcciones Iglesias Mera SL por un importe de 68.164,47 euros.

Para a execución do saneamento é necesario realizar dous cruces con topo na estrada DP-0205 Bertamiráns – A Ramallosa. A rede de saneamento (PVC Ø315 SN-4) abranguerá 750 metros. Previamente hai que facer as demolicións necesarias e a execución da gabia. Instalaranse 15 pozos de rexistro en beirarrúa e 7 pozos de rexistro en calzada.

Após de instalar a tubaxe, procederase ao recheo e compactación da gabia. O vertido desta rede realizarase nun pozo da rede xeral de saneamento. Igualmente procederase a instalación de 345 metros de tubaxe para abastecementos PEØ90 mm 16 atm., previa execución da gabia e posterior recheo e compactación. Faranse 3 arquetas para aloxamento de chaves que inclúan válvula de comporta, ventosa, válvula de baleirado e tapón.

Unha vez instaladas as redes, procederase á reposición dos pavimentos nas zonas necesarias. Nos camiños de saburra, aplicarase estendido e compactado de 12 centímetros de saburra artificial No treito de regas recargarase con 15 centímetros de grava, máis rega semiprofunda na zona da gabia e bacheo, con 10 centímetros de grava máis rega semiprofunda na zona do firme non afectada polas obras. Despois aplicarase rega superficial e selado en toda a anchura da pista. Ademais, no cruce en aglomerado, faranse 20 centímetros de pavimento de formigón máis 7 centímetros de aglomerado en quente.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras, Blas García, explica que “seguimos apostando de maneira clara por dotar de servizos básicos ao rural de Ames”. Ademais engade que “con este novo saneamento damos servizo a varias vivendas destes núcleos da parroquia de Bugallido que ata o de agora carecían deste servizo”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames ejecuta obras de aguas y saneamiento en Bugallido"

El Correo Gallego: "Estenden o saneamento e maila traída por Bugallido"

Estanse executando as obras de saneamento e abastecemento de Guimaráns e Buceleiras

Multimedia

  • Estanse executando as obras de saneamento e abastecemento de Guimaráns e Buceleiras
  • Estanse executando as obras de saneamento e abastecemento de Guimaráns e Buceleiras
  • Estanse executando as obras de saneamento e abastecemento de Guimaráns e Buceleiras
  • Estanse executando as obras de saneamento e abastecemento de Guimaráns e Buceleiras