- Tematica
Este mércores, 12 de xuño, ás 20:30 horas, celebrouse o último pleno do actual mandato. Nesta sesión plenaria aprobáronse as actas dos plenos ordinarios de abril (celebrado o día 25 de abril) e de maio (celebrado o día 28 de maio), que estaban pendentes de aprobar por parte da Corporación municipal. O vindeiro sábado, 15 de xuño, celebrarase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura.
Tal e como recolle o artigo 36 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) procede celebrar tres días antes da sesión constitutiva da nova Corporación Local, que terá lugar o sábado, 15 de xuño, unha última sesión plenaria co fin de aprobar as actas anteriores.
Deste xeito, nesta sesión plenaria aprobáronse as actas dos plenos ordinarios de abril (celebrado o día 25 de abril) e de maio (celebrado o día 28 de maio), que estaban pendentes de aprobar por parte da Corporación municipal. O vindeiro sábado, 15 de xuño, comezará un novo mandato. Deste xeito, celebrarase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura.
Neste último pleno, o alcalde de Ames en funcións, José Miñones, agradeceulles aos membros de goberno e ao resto de concelleiros e concelleiras da Corporación o entendemento e o traballo realizado durante os últimos anos que permitiu chegar a acordos para aprobar diversos proxectos de vital importancia para a veciñanza amesá. Tamén agradeceu o traballo do persoal municipal, así como do persoal de confianza. Os concelleiros e concelleiras que deixan a Corporación tamén se despediron con gran emoción dos seus compañeiros/as nesta última sesión plenaria.
Ligazóns:
Compostela 24 horas: "Ames despide á corporación 2015-2019"