Pestanas principais

Este mércores, 6 de novembro, celébrase o pleno ordinario do mes de outubro

Mércores, 06 de novembro de 2024

Este mércores, 6 de novembro, ás 20.30 horas, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. Cómpre lembrar que a Corporación municipal de Ames deduciu suspender o pleno ordinario de outubro que se ía celebrar o pasado xoves 31 de outubro, como mostra de apoio ás miles de persoas afectadas pola DANA. A decisión de suspender a sesión plenaria tomouse o pasado mércores pola tarde en Xunta de voceiros/as. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá a resolución de alegacións sobre a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos; o inicio de expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar; a modificación do anexo do cadro de persoal do orzamento EPEL 2024; o inicio do expediente de liquidación do contrato de concesión para a xestión do servizo publico do ciclo integral da auga asinado con Espina & Delfin SL; e a elección de xuíz/a de paz titular.

Ademais, debaterase a autorización do incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento de 2024; a transferencia de créditos 4/2024; o suplemento de crédito 1/2024 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais; e maila aprobación das novas cotas pola continuidade na Mancomunidade Serra do Barbanza.

Por último, abordaranse dúas mocións presentadas polo BNG de Ames. A primeira relativa á organización e regulamento para a participación dos membros da Corporación municipal en todos os actos públicos e oficiais nos que deba estar representado o Concello. A segunda é para demandar que a Xunta de Galicia atenda as necesidades sobre o transporte no rural do concello.

Para dispor de máis información sobre os temas que se van a tratar no pleno preme nesta ligazón.

Imaxe de arquivo do salón de plenos