Pestanas principais

Este sábado, 4 de xullo, celébrase o Ames Jazz 2020

Xoves, 02 de xullo de 2020

O festival de Jazz celebrarase na noite deste sábado 4 de xullo, coas actuacións de Os Bregadiers e Manuel Gutierrez Trío. O primeiro dos grupos actuará ás 21.00 horas, mentres que o segundo está programado para as 22.30 horas. Este ano, como principal novidade, levarase a cabo un pasarrúas co grupo Os Bregadiers.

O Ames Jazz 2020 dará comezo ás 21.00 horas na Praza do Concello, onde terá lugar unha pequena actuación do grupo Os Bregadiers. Estes serán os encargados de amenizar as rúas de Bertamiráns. Desta maneira, será as 21.15 horas, aproximadamente, cando dará comezo o pasarrúas ata a Praza da Maía. Nesta, tamén se realizará outra pequena actuación, que dará comezo arredor das 21.25 horas, e xa ás 21.45 horas aproximadamente, e cando dará comezo o pasarrúas ata o Pazo da Peregrina, onde se realizará outra pequena actuación que comezará arredor das 22.00 horas.

Os Bregadiers son experimentados músicos galegos nunha formación que leva ás rúas músicas doutras latitudes, nunca antes escoitadas en vilas e cidades galegas. Inspirados nas brass bands, fanfarrias ou bandas gypsy,  Os Bregadiers son os herdeiros destas tradicións, cunha calidade musical e artística fóra de toda dúbida.

Así, con Oscar Prieto á tuba, Oliver Cano ao saxo alto, Rosolino Marinello ao saxo tenor, Javier Barral ao bombo e Abel Leonardo á guitarra, Os Brigaders serán os encargados de encher as rúas de Bertamiráns con ritmos swing, jazz e rock&roll.

Posteriormente, tamén no Pazo da Peregrina, ás 22.30 horas, dará un concerto o músico Manuel Gutierrez co seu trío. Cunha carreira profesional que abarca dende o rock, o folk, world music, blues, jazz ou as gravacións como músico de sesión ou composición de música para teatro ou documentais. Tocou en festivais de España, Portugal, Francia, Marrocos, Bulgaria, Suíza, Sudáfrica, Bolivia, Corea Do Sur, México, Guatemala, El Salvador, Nicaragua, Honduras e China. Na actualidade, Manuel traballa fundamentalmente cos seus proxectos persoais (o trío e un proxecto de piano solo), con Sumrrá, e como profesor de piano e combo en Estudio Escola De Música.

O aforo no Pazo da Peregrina limitarase, por medidas de seguridade, a 100 persoas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames Jazz 2020 volta mañá por terceiro ano"

 

Ames Jazz 2020

Multimedia

  • Ames Jazz 2020