Pestanas principais

Este sábado, 6 de maio, remata a programación do mes das abellas cunha charla - coloquio sobre apiterapia

Xoves, 04 de maio de 2017

[04-05-2017] Entre o 7 de abril e o 6 de maio a Concellaría de Medio Ambiente organizou unha novidosa programación sobre a apicultura que se enmarcou dentro do mes das abellas. Deste xeito, realizáronse charlas, visitas, exposicións, obradoiros, etc. Dita programación remata este sábado, 6 de maio, cunha charla – coloquio sobre apiterapia na que o terapeuta, José Castro, de Apiterapia Center, falará dos usos terapéuticos e dos produtos da colmea. Esta actividade impartirase na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 10:30 a 13:30 horas. Para apuntarse nesta actividade hai que enviar un correo electrónico o enderezo auladanatureza@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 660 004 665.

O programa do mes das abellas comezou o pasado 7 de abril cunha charla sobre A importancia da apicultura en Galicia. Ademais, ao longo do mes de abril a Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a exposición As abellas gardianas do medio, da Asociación Galega de Apicultura (AGA). Tamén se realizou unha saída á Casa das Abellas, situada en Abegondo; impartiuse un curso de iniciación á apicultura; e houbo unha cata de produtos apícolas.

Dita programación remata este sábado, 6 de maio, cunha charla – coloquio sobre apiterapia na que o terapeuta, José Castro, de Apiterapia Center, falará dos usos terapéuticos e dos produtos da colmea. Esta actividade impartirase na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 10:30 a 13:30 horas. Para apuntarse nesta actividade hai que enviar un correo electrónico o enderezo auladanatureza@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 660 004 665.

A apiterapia é unha forma de medicamento alternativo que usa principalmente a apitoxina, ou veleno das abellas, para tratar distintas doenzas que presentan inflamación e dor, aínda que tamén emprega outros produtos creados por estes insectos como o propio mel, a xelea real, o pole, a cera e o propóleo.

Aplicacións da apiterapia
A base da apiterapia é que o usuario sexa picado por unha abella en zonas moi concretas e que está acción se complemente co consumo doutros produtos que elaboran estes insectos. Por tanto non se trata de que o enfermo en cuestión reciba picaduras sen máis. Os puntos de aplicación da apiterapia son diferentes en función da doenza do paciente. Aí entra o labor do apiterapeuta, que coñece onde se teñen que producir esas picadas co obxectivo de tratar dunha maneira eficaz a doenza.

Normalmente a apiterapia relaciónase con doenzas músculo-esqueléticas e de orixe autoinmune, xa que son coas que mellores resultados se obteñen ao reducir sensiblemente as molestias, a inflamación e as dores. Os beneficios da picadura de abella tamén son palpables para tratar unha das doenzas máis dolorosas e complicadas que existen actualmente, a esclerose múltiple. Outras doenzas reumáticas, cardiovasculares, pulmonares e cutáneas tamén poden ser tratados coa apiterapia.