Pestanas principais

Este venres, día 21, celébrase a vixésimo segunda edición do evento “Lab Class – Más que palabras” na Casa da Cultura do Milladoiro

Luns, 17 de abril de 2023

A empresa amesá Escuela Inventa organiza para este venres, 21 de abril, a vixésimo segunda edición do evento “Lab Class – Más que palabras”, coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica de Ames. Un total de nove relatores participarán na sesión, na que compartirán as súas ideas e experiencias. Ademais, realizaranse diversas entrevistas “one to one” a dous membros de Escuela Inventa e ao alcalde de Ames, Blas García. Será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 16:30 horas. A entrada é de balde, e para reservar praza pódese chamar ao número de teléfono 696 936 279, escribir ao enderezo electrónico info@escuelainventa.com ou acceder á páxina web de Escuela Inventa a través desta ligazón.

O evento serve como última proba para as persoas participantes nun dos seminarios de Escuela Inventa para aprender e mellorar a falar en público, cunha experiencia real que lles permite ensaiar as técnicas adquiridas durante a formación comunicativa. Nas exposicións, etiquetadas como “Momentos Inspiradores”, deben introducir ideas, visións e aprendizaxes relacionadas coas súas propias traxectorias profesionais.

Ademais destas conferencias, o acto contará coa presenza do alcalde de Ames, Blas García, que participa nunha sesión de entrevistas xunto con Eloy Gesto, director de Escuela Inventa, e outro invitado de entre o ex-alumnado da escola.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinalou que “animamos á veciñanza amesá a acudir a este acto, no que participarán persoas que rematan a súa formación en Escuela Inventa para mostrar as habilidades comunicativas no ámbito empresarial adquiridas tras participar neste seminario. Os relatores proceden de distintos puntos de España e aproveitarán o encontro para compartir as súas experiencias e puntos de vista”.

As entradas para participar no encontro son de balde, e están dispoñibles na páxina web de Escuela Inventa. Tamén se pode reservar praza chamando ao número de teléfono 696 936 279 ou escribindo ao enderezo electrónico info@escuelainventa.com.

Nove relatores
Nove das persoas que formaron parte do alumnado da empresa Escuela Inventa poñen fin á súa formación con relatos sobre as súas experiencias e traxectorias profesionais. As conferencias serán “En comunidad”, de Angelo Santos (Murcia); “Enmascarados”, de Amador Pena (Galicia); “Cita con la prosperidad”, de Antonio Meijome (Galicia); “Doctores del Magnesio”, de Carmen Acero (Madrid); “Hay vida más allá de los 50”, de Cristóbal Blanco (Córdoba); Mentes brillantes, de Manuel Martín Moreno (Granada); “No me grites que no te escucho”, de Pedro Pazos (Galicia); “Sonríe”, de Rocío Coscollano (Madrid); e “Vender en internet es fácil, si sabe como”, de Soledad Velasco (Cataluña).

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Escuela Inventa traerá as mellores testemuñas en comunicación ao Milladoiro este venres"

Cartaz desta edición do evento Lab Class

Multimedia

  • Este venres, día 21, celébrase a vixésimo segunda edición do evento “Lab Class – Más que palabras” na Casa da Cultura do Milladoiro