- Tematica
O goberno municipal levará ao Pleno Extraordinario deste xoves,14 de outubro, a aprobación da Conta Xeral 2020, despois de que fose ditaminada favorablemente o pasado 6 de setembro pola Comisión Informativa Permanente de Economía e Facenda e Especial de Contas e exposta ao público por un prazo de 15 días hábiles. No Pleno darase aprobación pola Corporación, se procede, da Conta Xeral do 2020, e posteriormente remitirase ao Consello de Contas de Galicia para os efectos da súa rendición. Neste pleno extraordinario tamén se incluirá outro punto na orden do día para dar conta das Resolucións adoptadas contrarias aos reparos formulados pola Intervención relativos duranto o ano 2020.
No tocante a aprobación da Conta Xeral do Concello de Ames correspondente ao exercicio 2020, sinalar que o Concello de Ames pechou o exercicio 2020 cun resultado orzamentario axustado de 1.638.000€ e un remanente de tesourería de 8.363.000€, acadando unhas cifras de execución máximas no tocante aos gastos de 25.322.000€ de obrigas recoñecidas, na que destaca a maior cifra de execución de investimentos do Concello por importe de 4.185.000€ e unhas cifras de ingresos que acadaron os 24.132.000€.
O ano 2020 foi un ano excepcional marcado pola pandemia da Covid-19 na que dentro dun marco e directrices europeas, o goberno estatal tivo que adoptar decisións no ámbito orzamentario para preservar a economía e dotar de maior flexibilidade ás administracións para poder afrontar a recuperación económica. No caso do Concello de Ames a boa situación económica, coa dispoñibilidade dun remanente de tesourería a 31/12/20219 de 9.587.000 €, permitiron afrontar os gastos extraordinarios, investimentos e actuacións de reactivación que se puxeron en marcha para reactivar e dinamizar a economía local. Este incremento do gasto unido á merma de recadación de ingresos fundamentalmente nas taxas e prezos públicos debido á paralización de diferentes servizos fixeron que neste ano 2020 o Concello de Ames presentara inestabilidade orzamentaria por importe de 1.739.212,13 €.
O Concello de Ames durante o ano 2020 tamén superou o límite da regra de gasto en 966.000 € pois tivo que afrontar gastos extraordinarios en servizos básicos e esenciais. Respecto do volume de débeda viva o Concello cumpre cos límites e segue a situarse moi por debaixo do límite legal de débeda viva cunha porcentaxe de débeda dun 12,43% cando o límite é de 110%.
No tocante a liquidación do orzamento de gastos recóllense unhas obrigas recoñecidas netas, no exercicio 2020 de 25.322.000 €, un 9,44% máis que as obrigas recoñecidas no 2019 que foron de 23.137.000 €, o que supón un incremento en gastos de 2.185.000 €.
No que respecta á liquidación do orzamento de ingresos, os dereitos recoñecidos netos ascenden a 24.123.000 €, diminuíndo en 400.000€ (nun 1,60%) os ingresos ou dereitos recoñecidos netos respecto do ano anterior.
Novas relacionadas
La Voz de Galicia: "Ames superó en el 2020 la regla de gasto en un millón de euros"