- Tematica
Este xoves, 30 de novembro de 2023, ás 18.00 horas, celebrarase un pleno extraordinario solicitado polos grupos municipais de Espazo Común e do Bloque Nacionalista Galego, no que se debaterá sobre a situación actual das actuacións incluídas na EDUSI Impulsa Ames (actuacións rematadas e pendentes, así como sobre os prazos e previsións de execución). Tamén se abordará a previsión do goberno municipal para asumir o importe de cofinanciamento non executado a 31 de decembro de 2023. Debido ás obras que se están a realizar no salón de Plenos do Concello de Ames, a sesión celebrarase no Pazo da Peregrina. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.
O Pazo da Peregrina acollerá este xoves 30 de novembro, ás 18.00 horas, un pleno extraordinario no que a Corporación municipal debaterá sobre as actuacións da EDUSI Impulsa Ames. Esta sesión plenaria foi solicitada polos grupos municipais de Espazo Común e do BNG de Ames.
Deste xeito, a Corporación municipal debaterá sobre a situación actual das actuacións incluídas na EDUSI Impulsa Ames (actuacións rematadas e pendentes, así como sobre os prazos e previsións de execución). Tamén se abordará a previsión do goberno municipal para asumir o importe de cofinanciamento non executado a 31 de decembro de 2023.
Cómpre lembrar que o Concello de Ames foi un dos catro municipios de toda Galicia que foron seleccionados na segunda convocatoria europea de fondos FEDER para desenvolver estratexias DUSI. A contía da axuda concedida ascendeu a 5 millóns de euros, pero foi incrementada ata os 6.250.000 euros coa achega que puxo o propio Concello a través de fondos propios.
O plan Impulsa Ames conta con 5 liñas de actuación para a implantación de procedementos de e-administración e e-servizos; instalación de sensores para a detección temperá de inundacións na ribeira dio río Sar; posta en marcha dun sistema municipal de aplicacións para dispositivos móbiles; elaboración dun plan de mobilidade; e creación de carreiros escolares que conecten os núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro cos centros de ensino destas localidades.
Dito plan tamén recolle a realización dunha auditoría enerxética e mellora dos índices de consumo de enerxía nos edificios públicos; mellora dos índices de consumo de enerxía nas vías públicas de Bertamiráns; eliminación de barreira e mellora da accesibilidade en Bertamiráns e no Milladoiro; creación dunha améndoa central que vertebre o núcleo urbano de Bertamiráns; creación dunha zona verde no centro do casco urbano do Milladoiro e de novos percorridos ambientais; creación dun centro multifuncional no Milladoiro; e maila realización dun programa de inserción de colectivos desfavorecidos.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames reconoce que solo podrá certificar el 73 por ciento de las actuaciones del plan Edusi"
La Voz de Galicia: "Ames renuncia a los proyectos de transporte y de vivienda social con cargo a fondos Edusi"