- Tematica
O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, visitaron o lugar de Ventín para comprobar como quedaron as obras de pavimentación que se realizaron recentemente nun camiño de 450 metros de lonxitude que une o corredor AC-522 co interior da aldea. Estas obras foron adxudicadas á empresa Obras y Viales de Galicia (OVIGA SL) por un importe de 39.420 euros (IVE incluído). O obxectivo desta actuación foi mellorar o estado do firme desta vía para dotala de maior seguridade viaria, tanto para os peóns coma para aos condutores dos vehículos que transitan por ela.
A través das actuacións executadas mellorouse o pavimento dun viario de 450 metros de lonxitude que está situado na aldea de Ventín, pertencente á parroquia de Biduído. As obras realizáronse en catro treitos diferentes. O primeiro treito de 230 metros de lonxitude e de 2.80 metros de ancho atopábase con pavimento asfáltico. Na marxe esquerda executouse un sobreancho de 0.70 metros co fin de dotar ao viario dun ancho homoxéneo de 3.50 metros. O segundo treito, de 15 metros de lonxitude e 3.50 metros de ancho, tamén se atopaba con pavimento asfáltico.
Tamén se actuou nun terceiro treito, de 115 metros de lonxitude e 3.50 metros de ancho, que se atopaba en terra, e nun cuarto e último treito, de 90 metros de lonxitude e 5.00 metros de ancho, que tamén estaba con terra. Ademais, actuouse sobre dous abanicos da estrada, un de 30 metros cadrados que se atopaba pavimentado e outro de 50 metros cadrados que estaba en terra.
Deste xeito, a través das obras realizáronse dúas actuacións distintas. Por unha banda, no viario que tiña pavimento asfáltico realizouse unha mellora da capa de rodaxe, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes, con 10 centímetros de grava e tratamento asfáltico. Para o resto do viario empregouse un paquete de firme composto por 20 centímetros de zahorra, 15 centímetros de grava e tratamento asfáltico. Tamén se realizou a apertura de gabias e maila limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, así como a sinalización horizontal da vía e a colocación de dúas sinais de stop.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, destaca que “trátase dunha obra que se enmarca dentro do plan de mellora das vías e camiños municipais. Dito camiño une o corredor AC-522 cos camiños interiores da aldea de Ventín. O obxectivo desta actuación foi mellorar o estado do firme desta vía para dotala de maior seguridade viaria, tanto para os peóns coma para aos condutores dos vehículos que transitan por ela”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames mejora la red viaria de Guimaráns, Ortoñiño y Ventín"
Enfoques: "El Concello de Ames pavimenta el camino entre Ventín y la AC-522"
Ames Go: "O Concello efectúa melloras no acceso ao AC-522 en Ventín"