Pestanas principais

Executaranse obras para mellorar os viarios interiores do núcleo de Framil, en Biduído

Sábado, 13 de maio de 2023

O departamento de Contratación do Concello de Ames está traballando no expediente de contratación das obras incluídas no POS+ 2023 da Deputación provincial da Coruña. Moitos dos proxectos teñen o obxectivo de mellorar e reparar os camiños do rural. Un dos proxectos contempla a pavimentación dos viarios interiores do núcleo de Framil, en Biduído, así como dun dos seus accesos. O proxecto conta cun orzamento de 363.357,59 euros. Está obra será sufragada con cargo a Achega provincial de 2023 do plan provincial.

As actuacións incluídas no POS+ 2023 abarcan distintos tipos de obras. Moitas delas inciden na mellora e/ou reparación de distintas vías públicas municipais, algunhas nos camiños interiores de aldeas de parroquias como a pavimentación de viarios no núcleo de Framil (Biduído). Esta obra sufragarase con cargo a Achega provincial de 2023 e dispón dun orzamento 363.357,59 euros.

As actuacións que contempla o proxecto están encamiñadas á mellora da pavimentación dos viarios do núcleo de Framil, así como dun dos seus accesos. Para os viarios do núcleo proxéctase un novo pavimento composto por 15 centímetros de formigón HM – 20 con mallazo sobre 10 centímetros de zahorra, previa demolición do firme existente.

En ambas marxes disporase unha franxa de lastra de granito de 35 centímetros de ancho e cortes transversais, tamén de 35 centímetros de ancho. Para o viario de acceso de 110 metros de lonxitude total e 3.20 metros de ancho medio, así como un abanico de 50 metros cadrados, preténdese a mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con 10 centímetros grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Ao longo deste viario executarase unha cuneta transitable cun ancho medio de 1.50 metros. Empregarse un pavimento de formigón HM – 20 con mallazo de 15 centímetros de espesor sobre 20 centímetros de zahorra.

A rede de recollida de augas pluviais realizarase mediante canalización de PP de 400 milímetros de diámetro. Na cuneta transitable disporanse arquetas con sumidoiro e no núcleo empregaranse canles de fundición dúctil con reixa a todo o ancho do viario e pozos de rexistro.

Para a rede de alumeado público disporase en toda a actuación unha canalización de poliproplieno de 90 milímetros de diámetro e arquetas prefabricadas. No núcleo empregaranse un muro de perpiaños de pedra granítica de 20 metros de lonxitude como barreira de protección fronte á diferenza de cotas co terreo contiguo á estrada. Finalmente contémplase a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal na viario de acceso e a colocación dunha sinal de stop.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames mellorará a pavimentación dos viarios interiores e un acceso ao núcleo de Framil, en Biduído"

Executaranse obras para mellorar os viarios interiores do núcleo de Framil, en Biduído

Multimedia

  • Executaranse obras para mellorar os viarios interiores do núcleo de Framil, en Biduído
  • Executaranse obras para mellorar os viarios interiores do núcleo de Framil, en Biduído
  • Executaranse obras para mellorar os viarios interiores do núcleo de Framil, en Biduído