- Tematica
O club de atletismo MillaRaio comezou a tempada cuns excelentes resultados no campionato provincial de campo a través celebrado na Pobra do Caramiñal o pasado 14 de decembro. Participaron en dito campionato os equipos das categorías sub10, sub12 e sub14. Clasificáronse para o campionato galego o equipo sub10 masculino, que foi campión provincial, e o equipo feminino sub12, que foi subcampión provincial.
O equipo sub10 masculino resultou campión provincial e o equipo feminino sub12 acadou o segundo posto conseguindo así a clasificación para o campionato galego que se vai celebrar en Poio no vindeiro mes de xaneiro. Ademais, o segundo equipo sub12 feminino quedou en sexta posición e o equipo sub14 feminino en quinta posición.
Este gran rendemento completouse coa clasificación dos equipos femininos sub10 e sub14 para o trofeo ABANCA, que se celebrou na pista cuberta de Expourense o 21 de decembro, competición para a que se clasificaron os oito mellores equipos galegos de cada categoría.
Fase zonal de campo a través
Previamente, o 2 de decembro celebrouse en Mondego-Sada a fase zonal de campo a través do programa XOGADE de categorías escolares. O MillaRaio como todos os anos, e a pesares da climatoloxía, tivo unha importante participación, acudindo con 57 atletas das categorías sub10, sub12, sub14 e sub16.
Clasificáronse para a fase provincial o equipos sub10 masculino, os dous equipos sub12 femininos e o equipo sub14 feminino. Destacou o primeiro posto acadado tanto polo equipo sub10 masculino como polo equipo sub12 feminino. Excelente comenzo de tempada para os máis pequenos do club.