Pestanas principais

Éxito de participación na excursión á Casa de Rosalía de Castro organizada polo Concello de Ames

Luns, 06 de marzo de 2023

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística e con motivo da conmemoración do aniversario da autora, organizou o pasado sábado, 4 de marzo, unha ruta polos lugares máis emblemáticos da vida e da obra de Rosalía de Castro. A excursión, na que participaron sesenta persoas, estivo dirixida pola profesora e experta rosaliana María López Sández, e rematou na Casa-Museo da escritora, en Padrón. 

O Concello de Ames conmemora, un ano máis, o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, con numerosas actividades coas que se pretende revitalizar a figura da autora e recordar a súa vida e obra, así como dar a coñecer a súa faceta máis comprometida e feminista. A programación ao completo co gallo do Día de Rosalía pódese consultar premendo nesta ligazón.

Entre as diversas propostas figura a xa tradicional excursión “Viaxando con Rosalía” na que se fai un percorrido polas localizacións máis emblemáticas da vida e da obra da autora, e que tivo lugar o pasado sábado, 4 de marzo. Os asistentes foron acompañados pola amesá María López Sández, profesora, escritora e experta rosaliana. A cita, que pretendía recordar os vínculos que unen á escritora e ao concello de Ames, contou cun gran éxito de participación.

A primeira das paradas da visita foi en territorio amesán, na casa situada na Tarroeira, na parroquia de Ortoño, onde Rosalía pasou parte da súa infancia e visitaba decotío ás súas tías paternas. A saída continuou en Bastavales, na parroquia de Brión, onde se atopa a igrexa cuxas campás protagonizaron un dos versos máis soados da autora. Os asistentes tiveron a oportunidade de entrar ao templo, de escoitar o son das ditas campás e de subir ao campanario. Así mesmo, tamén puideron entrar na Capela do Carme.

A excursión rematou no Concello de Padrón, na Casa-Museo Rosalía de Castro. Alí, Sández fixo un percorrido polas distintas estancias do edificio e comentou distintas etapas da vida e da obra da autora, ao tempo que fixo fincapé na súa faceta máis comprometida e feminista.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Concurrida ruta entre Ames, Brión y Padrón por los lugares más emblemáticos de la vida y obra de Rosalía de Castro"

Foto grupal da excursión á casa de Rosalía

Multimedia

  • Éxito de participación na excursión á Casa de Rosalía de Castro organizada polo Concello de Ames