Pestanas principais

Éxito de participación na saída aos Ancares e na actividade pola Festa dos Maios da Aula da Natureza

Luns, 23 de maio de 2022

A Aula da Natureza vén de organizar o sábado 23 e o domingo 24 de abril unha excursión de fin de semana aos Ancares, onde se completaron as rutas ambientais dos Tres Bispos e dos Cabanillos, e se visitou a aldea do Piornedo e as súas pallozas prerromanas. Ademais, a rapazada amesá gozou o pasado sábado 7 de maio dunha xornada especial centrada na Festa dos Maios, na que se repartiron tarefas e traballaron en equipo para elaborar os maios e coñecer mellor esta celebración tradicional.

A programación de primavera da Aula da Natureza continuou nas últimas semanas con varias actividades cunha gran acollida por parte da veciñanza de Ames. Neste senso, tivo lugar na penúltima de abril, os días 23 e 24, unha saída ambiental aos Ancares. A proposta incluía o desprazamento ata o lugar de balde, e permitiu decidir ás persoas participantes se volver no propio sábado a Ames ou quedar os dous días da fin de semana, xestionando elas o aloxamento e a manutención.

Deste xeito, na xornada do sábado chegouse aos Ancares sobre ás 11:00 horas, e percorreuse a ruta dos Tres Bispos, uns 14,52 quilómetros que parten dende a Degrada dos Ancares. Despois dun descanso merecido para o xantar, aos pés das campás de Tres Bispos, regresouse á Degrada, para que o autobús de volta a Ames retornase coa parte da expedición que decidiu non quedar toda a fin de semana na zona. Xa no domingo, a mañá ocupouna a ruta dos Cabanillos, que concluíu cunha visita á aldea do Piornedo, coñecida polas súas pallozas prerromanas. É a primeira vez que se organiza unha saída ambiental deste tipo de dúas xornadas, e a valoración por parte da Aula da Natureza é moi positiva.

Xa na entrada do mes de maio, o sábado 7 desenvolveuse unha nova actividade dirixida á rapazada de 6 a 16 anos na propia Aula, situada na Ameixenda. As participantes puideron aprender máis sobre a festividade tradicional dos Maios, habitual en moitas zonas de Galicia, na que se celebra o fin do inverno e a chegada da primavera. Durante o día, os rapaces e rapazas traballaron en equipo para realizar diferentes tarefas, centradas en preparar os maios, unhas figuras tradicionais inspiradas en elementos propios da natureza, construídas con paus, flores, follas ou froitos, entre outros materiais.

A próxima actividade da Aula da Natureza terá lugar este sábado 28, unha saída ao Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal, co fin de coñecer as aves que habitan o ecosistema e que aniñan nas áreas húmidas. Para inscribirse, cómpre enviar esta ficha de inscrición ao correo auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá servizo de autobús en Bertamiráns, dende o Pazo da Peregrina, con saída ás 10:00 e regreso ás 17:45 horas. Pola súa banda, dende a Casa da Cultura do Milladoiro a ida e a volta serán ás 10:15 e ás 17:30 horas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego:  "Viaxe ata os Ancares ca Aula da Natureza amesá"

Enfoques: "Éxito de participación de los vecinos de Ames en la visita a los Ancares"

Éxito de participación na saída aos Ancares e na actividade pola Festa dos Maios da Aula da Natureza

Multimedia

  • Éxito de participación na saída aos Ancares e na actividade pola Festa dos Maios da Aula da Natureza