Pestanas principais

Exposición de máis de 300 cabazas na Casa da Cultura e na Biblioteca de Milladoiro

Mércores, 30 de outubro de 2019

Con motivo da celebración do Samaín, a partir de hoxe exporanse máis de 300 cabazas na Casa da Cultura e na Biblioteca de Milladoiro. Pertencen aos alumnos e alumnas do CEP de Ventín, coa colaboración da ANPA do mesmo centro.

Despois de estar expostas no seu centro durante estes días, os centos de cabazas elaboradas polos alumnos do CEP de Ventín serán trasladadas á Casa da Cultura e á Biblioteca do Milladoiro. Alí estarán dispoñibles durante a tarde de hoxe e todo o día de mañá. Se é posible, tamén estarán expostos varios debuxos que realizaron os propios nenos.

Entre as cabazas expostas poderemos ver a carruaxe da Cincenta, ao famoso personaxe de Maléfica, mouchos, fantasmas, momias... e incluso peregrinos. Sen dúbida, a imaxinación dos nenos non ten límite, e así aparece reflectido neste gran traballo no que cooperan tanto pais como fillos.

Con este tipo de actividades incentívase a celebración do Samaín, unha festividade típica de Galicia que, ademais de estar baseada na tradición do Día dos Defuntos, marcaba o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno para os celtas.

 

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Exposición efímera de trescientas calabazas en O Milladoiro"

Lindeiros: "300 cabazas no Milladoiro"

Exposición de cabazas

Multimedia

  • Exposición de cabazas
  • Exposición de cabazas
  • Exposición de cabazas
  • Exposición de cabazas