Venres, 26 de maio de 2017
[26-05-2017] O Concello de Ames informa de que hai manchas de aceite na estrada AC-543, dende a urbanización de Aldea Nova ata o final da avenida da Maía, polo que se lle recomenda a todos os/as condutores/as de vehículos que extremen as precaucións para evitar calquera accidente. Esta circunstancia foi debidamente sinalizada pola Policía Local de Ames. O servizo de mantemento e conservación da Xunta de Galicia está traballando para tratar de solucionar estas deficiencias o antes posible. Desculpen as molestias.