- Tematica
San Xoán de Ortoño celebra as festas en honor ao seu patrón do domingo 23 ao martes 25 deste mes. O cartel constará de tres días de festa cargados de música, agrupacións folclóricas e actuacións estelares. Asemade, o domingo ás 21.00 horas terá lugar a tradicional sardiñada de San Xoán, que será amenizada polo dúo Rosan. A Pulpería Lito Mambís encargarase do aspecto gastronómico durante os tres días de festexos.
O programa de festas para a celebración do San Xoán de Ortoño comeza este domingo, 23 de xuño, ás 12.00h, cunha misa solemne con coral na honra do Santísimo, á que seguirá unha procesión que contará coa presenza de Os danzantes de Cobas. Con motivo das celebracións, as aforas da igrexa estarán decoradas cunha alfombra floral. O dúo Rosán será o encargado de amenizar a sesión vermut e, xa pola noite, tamén porá a nota musical durante a sardiñada que se desenvolverá a partir das 21.00h.
A xornada do luns tamén comezará ás 12.00h cunha misa solemne na honra de San Xoán, na que se contará co coro Allegro de Noia, e a posterior procesión conducida ao son de música folclórica. Durante a sesión vermú Laura, vocalista do grupo La Ola, deleitará aos presentes coa súa música. Unhas horas despois, ás 22.00h, será a quenda da Orquestra Panorama e a disco móbil CDC, que serán as encargadas de facer bailar aos que se acheguen á verbena do luns.
Os actos programados para o martes 25 tamén comezarán ás 12.00h cunha misa solemne e procesión na honra de San Antonio, nas que se contará coa coral Lojo Batalla de Tapia e unha agrupación folclórica. De seguido, o dúo Rosan volverá ao campo da festa de Ortoño para amenizar a sesión vermú. O programa remata coa actuación da orquestra Miramar e a actuación estelar de King Africa. Os tres días de festa tamén se contará coa presencia da Pulpería Lito Mambís.
Ligazóns:
El Correo Gallego: "Arrancan en Ames as festasde San Xoán de Ortoño"
El Correo Gallego: "Artesanía floral con nivel ante un verano de devoción"