Pestanas principais

As fotografías finalistas do ENFOCA AMES expostas nos locais asociados a XEA

Sábado, 21 de agosto de 2021

Os dezaoito traballos finalistas do primeiro concurso de fotografía organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames xa están expostos. As fotografías premiadas na categoría paisaxe, macro e artística van permanecer expostas durante 15 días en tres dos locais asociados a XEA en Bertamiráns.

O Pazo da Peregrina exultante nunha noite de tormenta, a maxestuosidade dun chupaleites no monte de san Marcos ou a sonoridade do río Sar atravesando a ponte Carbirta son algunhas das imaxes que conforman esta exposición organizada por XEA en colaboración cos departamentos de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Ames.

O primeiro concurso de fotografía ENFOCA AMES tiña como obxectivo achegar a cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. Un obxectivo que agora se culmina coa exposición dos traballos gañadores.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, quixo agradecerlle a XEA a iniciativa do concurso de fotografía ENFOCA AMES “este tipo de actividades son moi satisfactorias pois permiten que a veciñanza coñeza o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello ao mesmo tempo que permite dinamizar o comercio local”.

Cada unha das tres categorías: paisaxe, macro e artística está exposta nun local do concello. A categoría de paisaxe está exposta no restaurante Tropic, a categoría macro na tenda Queens e a categoría artística no gastrobar Petiscos.

A exposición dos traballos gañadores do ENFOCA Ames vai engalanar estes tres locais amesáns durante 15 días.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Bertamiráns exhibe os próximos 15 días as fotos finalistas do Enfoca Ames"

Petiscos

Multimedia

  • Petiscos
  • Petiscos
  • Queens
  • Queens
  • Queens
  • Queens
  • Tropic
  • Tropic