Pestanas principais

A Fundación Secretariado Gitano realiza unha xornada de portas abertas no Milladoiro

Sábado, 04 de novembro de 2023

O alcalde de Ames, Blas García, e as concelleiras e concelleiro, Uxía García, Ana Paz e Víctor Fernández acudiron ao convite da xornada de portas abertas da Fundación Secretariado Gitano, unha sociedade intercultural que leva máis de 40 anos traballado pola promoción integral das persoas xitanas. O Concello de Ames colabora coa Asociación coa cesión dun local no Milladoiro e estudará novas vías de colaboración de cara o próximo ano.

Esta xornada acolleu a máis de 120 persoas e celebrouse baixo o lema “Ven, es mucho lo que nos une”. Foi unha oportunidade para que participantes, familias, administración pública e empresas se achegasen ao traballo que realiza Secretariado Gitano a través dos seus programas de emprego, educación, vivenda, loita contra a discriminación e promoción social.

O alcalde de Ames, Blas García, puxo de manifesto a importante labor que realiza esta Fundación e abriu a porta a ampliar a implicación do Concello de Ames no futuro: “O Concello de Ames non vai dar as costas a ningún colectivo e colaborará con calquera asociación ou fundación que realice unha labor tan importante como a que leva a cabo Secretariado Gitano”, e finaliza, explicando que “a erradicación da pobreza, a igualdade e que todo o mundo reciba formación para poder acceder ao mercado laboral son obxectivos comúns da fundación co Concello de Ames. Sempre nos imos atopar”.

Esta fundación realiza unha importante labor coa comunidade xitana en materia de formación e emprego, educación, igualdade e non discriminación e na loita contra a pobreza e a exclusión social. En toda Galicia esta organización atendeu no pasado ano 2022 a un total de 2.657 persoas e, na zona de Santiago de Compostela e Ames, 336.

Son diversos os programas que esta fundación leva a cabo en Santiago de Compostela e no concello de Ames: Con Acceder impulsa a formación e o emprego para acadar a inserción laboral, atenderon a 194 persoas, das cales 52 son do Milladoiro. Desas 52 persoas, 8 acadaron un emprego; mediante Promociona promoven o éxito escolar e continuidade nos estudos para transformar o futuro da xuventude xitana.

Foron 39 as persoas beneficiadas no curso escolar 21/22, 15 do Milladoiro, 26 familias, 13 do Milladoiro, e 13 os centros nos que se está presente, 4 no Milladoiro; mediante o programa CalÍ esta asociación loita contra a discriminación e impulsa a igualdade das mulleres xitanas. Das 42 persoas atendidas en itinerarios individualizados, 15 son do Milladoiro. No pasado ano 2022 atendeuse un caso de discriminación no Milladoiro; en canto á loita contra a pobreza foron 165 os participantes en diversos programas de inclusión social e deste total, 41 persoas son do Milladoiro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames estrecha lazos con el pueblo gitano y cede un local"

Ames Go: "O Concello de Ames estuda novas vías de colaboración con Secretariado Gitano"

A Fundación Secretariado Gitano realiza unha xornada de portas abertas no Milladoiro

Multimedia

  • A Fundación Secretariado Gitano realiza unha xornada de portas abertas no Milladoiro
  • A Fundación Secretariado Gitano realiza unha xornada de portas abertas no Milladoiro
  • A Fundación Secretariado Gitano realiza unha xornada de portas abertas no Milladoiro
  • A Fundación Secretariado Gitano realiza unha xornada de portas abertas no Milladoiro
  • A Fundación Secretariado Gitano realiza unha xornada de portas abertas no Milladoiro