Pestanas principais

Genma Otero foi nomeada como xerente da empresa pública empresarial Augas de Ames polo Consello de Administración

Martes, 25 de xuño de 2024

Hoxe, martes 25 de xuño, o Consello de Administración da EPEL de Ames aprobou o nomeamento da xerente de dita entidade. A votación foi de 6 votos a favor e 6 votos en contra, polo que decidiu o voto de calidade do alcalde que foi a favor. O nomeamento da xerente sae adiante cos votos favorables dos representantes do grupo de Goberno, traballadores e veciñanza. Deste xeito, Genma Otero Uhía é a persoa designada como xerente da EPEL de Ames, tralo proceso selectivo que se realizou. Comezará a exercer como xerente a partir do 1 de xullo. O nomeamento da xerente é crucial para o normal funcionamento da empresa municipal de augas de Ames.

Neste senso pronunciouse o presidente da EPEL, Blas García, que cualificou de “crucial” este paso para que Augas de Ames funcione con normalidade. Tamén agradeceu a “responsabilidade da veciñanza e dos traballadores e traballadoras”, pois os seus votos, xunto cos do grupo de Goberno fixeron posible que Augas de Ames bote a andar. García tamén criticou que os grupos da oposición intentaron impedir o nomeamento da xerente unha vez coñecido o nome por “animadversión cara a persoa escollida ou por sacar beneficio político a calquera prezo. Ambos motivos son poñer o interese particular por enriba do beneficio da veciñanza de Ames”.

O Consello de Administración da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames aprobou esta mañá o nomeamento da xerente de dita entidade. A persoa designada para este cargo terá unha dedicación exclusiva. A votación foi de 6 votos a favor e 6 votos en contra, polo que decidiu o voto de calidade do alcalde que foi a favor. O nomeamento da xerente sae adiante cos votos favorables dos representantes do grupo socialista (Blas García, Susana Señorís, Víctor Fernández e Gustavo Nieto), do representante dos traballadores da empresa e do representante das asociacións veciñais.

Por outra banda, votaron en contra os tres concelleiros/as do grupo municipal do Partido Popular (Oliva Agra, Pablo Beiroa e José Ramón Oulego), os dous/dúas edís do grupo municipal BNG (Natividade González e Alexandre Espinosa), e maila concelleira do grupo municipal de Espazo Común (Luísa Feijóo).

Deste xeito, Genma Otero Uhía, única persoa que cumpre os requisitos expostos nas bases que o Consello de Administración (con representación veciñal, dos traballadores e traballadores e grupos políticos) aprobou o pasado 5 de marzo, é a persoa  designada como xerente da EPEL de Ames, tralo proceso selectivo que se realizou. Comezará a exercer como xerente a partir do 1 de xullo. O nomeamento da xerente é crucial para o normal funcionamento da empresa municipal de augas de Ames.

O alcalde de Ames, Blas García destaca “hoxe damos un paso moi importante para facer que Augas de Ames traballe a pleno rendemento. Esto foi posible grazas á responsabilidade da veciñanza e dos traballadores e traballadoras da empresa”.

Instalacións do persoal de obra
Ademais, nos vindeiros días o persoal de obra do EPEL de Ames pasará a empregar as instalacións dunha nave situada en Guimaráns, en Bugallido, e comezarán a empregar a roupa de traballo coa nova imaxe corporativa da empresa pública empresarial Augas de Ames. Proximamente, a nova imaxe de Augas de Ames será rotulada nos vehículos. Tamén servirá para as cintas de baliza e outros elementos similares. A nova imaxe corporativa tamén será trasladada á paxina web, oficinas e aos espazos onde estea a EPEL de Augas de Ames.

A EPEL Augas de Ames dispón dunha páxina web na que se recolle a información relativa ao proxecto e ao funcionamento da propia empresa. O principal obxectivo de dita entidade é facer unha mellor xestión, unha xestión máis positiva para a veciñanza, ao pasar a estar xestionada directamente polo Concello.

Oficinas da EPEL Augas de Ames
As oficinas de persoal administrativo da EPEL de Ames están situadas na rúa Agrelo, número 7, en Bertamiráns, e na rúa Viorneira, número 6, no Milladoiro. O horario de atención ao público en ambas as dúas oficinas é de 8.30 a 14.30 horas, do 15 xuño ata o 15 de setembro. O número de teléfono para atender posibles urxencias é o 673 830 393.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La exconcejala Genma Otero, gerente de Augas de Ames con el voto de calidad del alcalde"

El Correo Gallego: "A la segunda va la vencida: la exedil de Podemos Genma Otero gestionará la empresa del agua de Ames"

Lindeiros: "Genma Otero nomeada xerente da Empresa Augas de Ames, EPEL, grazas ao voto de calidade do alcalde"

Genma Otero foi nomeada como xerente da empresa pública empresarial Augas de Ames polo Consello de Administración