Pestanas principais

Gran ambiente nas rúas do Milladoiro para ver o concurso de disfraces da Festa de Entroido 2020

Luns, 24 de febreiro de 2020

O Concello de Ames organizou unha nova edición da festa de Entroido que este ano se desenvolveu na localidade do Milladoiro. Moitos veciños e veciñas saíron á rúa para participar no entroido de Ames. Un ano máis o concurso de disfraces tivo unha boa participación con persoas chegadas de diversos concellos e localidades de toda Galicia. Acudiron 7 grupos e 13 comparsas. Ademais, na categoría infantil houbo 20 inscritos e na de adultos rexistráronse 21 inscricións. Repartíronse 3.800 euros entre as categorías infantil, adulto, grupo e comparsa. Ademais, houbo dous premios especiais de 125 euros cada un aos mellores disfraces creados con material de reciclaxe. A charanga Mekanika e maila Gramola Gominola porán música a esta festa.

O aparcadoiro da Travesía do Porto, que está situado no Milladoiro, foi o epicentro da festa de Entroido que organizou o Concello de Ames durante a tarde deste luns 24 de febreiro. A animación comezou ás 17:00 horas coa actuación da Gramola Gominola que animou á rapazada ata ás 18.00 horas, momento no inicio do concurso de disfraces.

Ás 18:00 horas comezou o desfile dos participantes polas rúas do Milladoiro. O desfile de disfraces, grupos e comparsas saíu da Travesía do Porto e discorreu polas rúas Palmeiras, Agro do Medio, Agro da Madalena, Cereixos e Travesía do Porto ata chegar ao punto de saída. No concurso de disfraces houbo unha boa participación con persoas chegadas de diversos concellos e localidades de toda Galicia. Na categoría infantil houbo 20 participantes e na categoría de adultos inscribíronse 21 persoas. Ademais, participaron no concurso de disfraces 7 grupos e 13 comparsas.

Gañadores do concurso de disfraces
Os gañadores do concurso de disfraces foron os seguintes. Na categoría infantil gañou Noa Bustelo Carlís e Breixo Tobío Carlís, de Pontecesures, co disfrace Esto es todo amigos. Loony Tunes, que recibiu un premio de 100 euros. No segundo posto quedou Pablo Bouzón Moure, de Cacheiras (Teo), co disfrace Luces, cámara, acción; mentres que a terceira posición foi para Leilani Couselo González, de Santiago, co disfrace Reloxo de cuco. O segundo clasificado foi premiado con 75 euros e o terceiro cun premio en metálico 50 euros.

Na categoría de adultos os gañadores foron Carlos Ramos Nogueira e Taide Fernández González, de Santiago, co disfrace Manter vivos os recordos, que foi premiado con 200 euros. O segundo premio de 150 euros foi para Andrea Pazos Pérez e Adrián Pazos Pérez, de Vimianzo, co disfrace Millonada Encartonada. O terceiro e último premio desta categoría dotado de 75 euros, recaeu en Tiffany Pintos Nieto, de Barro (Pontevedra), co disfrace O mouchiño de papel.

Na categoría de grupo gañaron os membros do grupo Viaxando ao Entroido, do Milladoiro, que obtiveron un premio de 500 euros. Na segunda posición quedaron os membros de Fantasía Floral, de Laraño, que obtiveron 300 euros, mentres a terceira posición foi para os compoñentes de Cabaleiros do Camiño de Santiago, do Pino, que levaron 150 euros.

Na categoría de comparsas o premio de 1.100 euros foi para a Asociación cultural Talismán, de Salceda de Caselas, coa comparsa Talismán no fondo mariño. O segundo premio de 600 euros recaeu na Asociación cultural de Liñaio, de Negreira, coa comparsa Somos o demo ou non. Por último, o terceiro premio de 500 euros foi para a Asociación cultural, recreativa e deportiva de Laraño, de Santiago, coa comparsa O gran circo da ruliña.

Gañadores dos premios especiais
Por outra banda, houbo dous premios especiais de 125 euros cada un aos mellores disfraces creados con material de reciclaxe. Estes premios foron para Adriana Nieto Fariña, de Pontevedra, co disfrace La galliña turuleca ha puesto un huevo, e para a Asociación Os da Troula, de Portas (Pontevedra), co disfrace David e Goliat.

O xurado do concurso de disfraces estivo composto pola modista, Mónica Vilacova Carballeira; Eva García Xesto, representante do grupo de teatro do Milladoiro; e Jorge López Penas, presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La mejor comparsa del concurso de Ames fue «Talismán no fondo mariño»"

El Correo Gallego: "Os desfiles e atranques dos xenerais encheron as rúas de todo Área"

Compostela 24 horas: "Gran ambiente nas rúas do Milladoiro para ver o concurso de disfraces da Festa de Entroido 2020"

Na categoría de comparsas o premio de 1.100 euros foi para a Asociación cultural Talismán, de Salceda de Caselas, coa comparsa Talismán no fondo mariño

Multimedia

  • Na categoría de adultos os gañadores foron Carlos Ramos Nogueira e Taide Fernández González, de Santiago, co disfrace Manter vivos os recordos, que foi premiado con 200 euros
  •  Na categoría de grupo gañaron os membros do grupo Viaxando ao Entroido, do Milladoiro, que obtiveron un premio de 500 euros
  • Na categoría infantil gañou Noa Bustelo Carlís e Breixo Tobío Carlís, de Pontecesures, co disfrace Esto es todo amigos. Loony Tunes, que recibiu un premio de 100 euros
  • O segundo premio da categoría de adultos foi para Andrea Pazos Pérez e Adrián Pazos Pérez, de Vimianzo, co disfrace Millonada Encartonada
  • Na segunda posición de grupos quedaron os membros de Fantasía Floral, de Laraño, que obtiveron 300 euros
  • No segundo posto da categoría infántil quedou Pablo Bouzón Moure, de Cacheiras (Teo), co disfrace Luces, cámara, acción
  • O segundo premio de comparsas recaeu na Asociación cultural de Liñaio, de Negreira, coa comparsa Somos o demo ou non
  • O terceiro premio da categoría de adultos dotado de 75 euros, recaeu en Tiffany Pintos Nieto, de Barro (Pontevedra), co disfrace O mouchiño de papel
  • O terceiro premio de comparsas foi para a Asociación cultural, recreativa e deportiva de Laraño, de Santiago, coa comparsa O gran circo da ruliña
  • A terceira posición da categoría de grupos foi para os compoñentes de Cabaleiros do Camiño de Santiago, do Pino, que levaron 150 euros
  • A terceira posición da categoría infantil foi para Leilani Couselo González, de Santiago, co disfrace Reloxo de cuco
  • Un dos premios especiais foi para a Asociación Os da Troula, de Portas (Pontevedra), co disfrace David e Goliat
  • Un dos premios especiais foi para Adriana Nieto Fariña, de Pontevedra, co disfrace La galliña turuleca ha puesto un huevo
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Desfile dos/as participantes no concurso de disfraces polas rúas do Milladoiro
  • Actuación da Gramola Gominola
  • Embedded thumbnail for