Pestanas principais

Homenaxeados tres traballadores municipais: Emilia Vieites Brea, Jorge García Pampín e Santiago Eirís Pombo

Venres, 20 de decembro de 2024

O Concello de Ames realizou este venres, 20 de decembro, un acto de homenaxe a unha traballadora e dous traballadores municipais. Emilia Vieites Brea, xubilouse este ano, tras traballar como conserxe do CEIP de Barouta. Ademais, homenaxeouse a Jorge García Pampín, peón da brigada de obras, e Santiago Eirís Pombo, axudante técnico de biblioteca, que cumpriron 25 anos de servizo no Concello de Ames. Como agradecemento pola súa labor, recibiron os tradicionais píns do Concello de Ames, e  Emilia Vieites Brea, pola sua xubilación, tamén recibiu unha peza de Sargadelos.

A homenaxe realizouse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, coincidindo co tradicional acto de brinde de Nadal, que se realiza todos os anos e ao que asiste todo o persoal municipal. Participaron o alcalde, Blas García, e mailo resto de concelleiros e concelleiras do goberno municipal e dos grupos político municipais da Corporación municipal. Tamén asistiron os/as delegados sindicais do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal.

Durante o evento, homenaxeouse a unha traballadora e dous traballadores. Emilia Vieites Brea, xubilouse este ano, tras traballar como conserxe do CEIP de Barouta. Ademais, homenaxeouse a Jorge García Pampín, peón da brigada de obras, e Santiago Eirís Pombo, axudante técnico de biblioteca, que cumpriron 25 anos de servizo no Concello de Ames. Como agradecemento pola súa labor, recibiron os tradicionais píns do Concello de Ames, e  Emilia Vieites Brea, pola sua xubilación, tamén recibiu unha peza de Sargadelos.

O alcalde de Ames, Blas García, quixo gabar a labor do persoal municipal do Concello de Ames, así como a súa entrega durante diferentes mandatos e cores políticas. “O verdadeiro motor do concello son elas e eles, xa que nós estamos de paso, pero os e as traballadoras seguirán estando. Emilia, Jorge e Santi levan unha gran parte da súa vida ao servizo da veciñanza, e é de agradecer e poñer en valor o seu traballo e a dedicación”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames homenaxea a tres empregados municipais con 25 anos de servizo"

Homenaxeados tres traballadores municipais: Emilia Vieites Brea, Jorge García Pampín e Santiago Eirís Pombo

Multimedia

  • Homenaxeados tres traballadores municipais: Emilia Vieites Brea, Jorge García Pampín e Santiago Eirís Pombo