Pestanas principais

Icía Ares e Juan Manuel Morales proclámanse gañadores absolutos do I Trofeo de Marcha en Ruta 2024

Luns, 25 de marzo de 2024

Onte, domingo 24 de marzo, celebrouse a primeira edición do Trofeo de Marcha en Ruta, unha proba na que se inscribiron 104 deportistas. Na categoría absoluta feminina  a primeira en cruzar a liña de meta foi Icía Ares, cunha marca de 28:01, mentres a primeira posición en categoría masculina absoluta foi para Juan Manuel Morales, que conseguiu un tempo de 22:51. Nesta proba participaron 14 atletas de clubes amesás: sete do Millaraio, e sete do Ames Atletismo. Nesta ligazón pódese acceder á galería de imaxes da competición.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizaron onte domingo 24 de marzo a primeira edición do Trofeo de Marcha en Ruta, que arrincou ás 10:45 horas no Milladoiro coa saída dos atletas sub 12 da categoría masculina. A continuación, ás 11.00 horas, disputouse a proba sub 12 feminina. En ambos os dous casos a distancia foi de dous quilómetros. A proba da categoría sub 10 masculina e feminina comezou ás 11.15 horas. Nenos e nenas participaron de forma conxunta e percorreron unha distancia dun quilómetro. Ás 11.30 horas foi a quenda dos/as atletas da categoría sub 14, que percorreron dous quilómetros, mentres que ás 11.55 horas comezou a proba da categoría sub 16, cunha distancia de tres quilómetros. Neste caso tamén participaron xuntos os/as atletas das categorías feminina e masculina. A última proba foi ás 12.20 horas, correspondente á categoría absoluta, cun percorrido de cinco quilómetros. Consulta os resultados ao completo premendo nesta ligazón.

Na categoría feminina absoluta a primeira en parar o tempo foi Icía Ares, do club Ourense Atletismo, que gañou a categoría ao rematar a proba en 28:01. Na segunda posición quedou María Herminia Grande, tamén do club Ourense Atletismo, cun tempo de 30:35, e terceira foi Xoana Méndez, de ADAS CUPA, cun tempo de 30:45.

Por outra banda, na categoría masculina absoluta, o gañador foi Juan Manuel Morales, de Marineda Atlético, cun tempo de 22:51. O segundo posto foi para Ismael Díaz, tamén dp Marineda Atlético, cunha marca de 23:51, seguido de  Andrés González, do RC Celta, cun tempo de 23:31.

Nesta proba tamén participaron os dous clubes amesás de atletismo, o Millaraio e o Ames Atletismo. Co primeiro competiron Nadir Moreira (categoría masculina absoluta), Ana Barreiro (feminina sub16), Olaia Pazos (feminina sub10), Erin Bouzas (feminina sub10), Sara Blanco (feminina sub12), Carla Noya (feminina sub10) e Claudia Paredes (feminina sub 10). Pola súa banda, o Ames Atletismo estivo representado por Nicolás Collazo (categoría masculina absoluta), Ainhoa Suárez (feminina sub16), Mariña Rodeiro (feminina sub14), Juan Pernas (masculina sub14), Julieta Rodríguez (feminina sub 12), Aron Grille (masculina sub12) e Lois García (masculina sub12).

A entrega de premios realizouse na área deportiva do Milladoiro
A cerimonia de entrega de premios tivo lugar na área deportiva do Milladoiro, nas inmediacións da Casa da Cultura, onde finalizou a proba. Alí acudiron representantes do Goberno local e dos grupos políticos con representación na Corporación municipal. Os/as tres primeiros/as atletas clasificados/as das categorías sub 10, sub 12, sub 14, sub 16, sub 18, sub 20, absoluta e máster recibiron unha medalla conmemorativa, sendo de obrigado cumprimento acudir ao protocolo de entrega de premios. 

Novas relacionadas:

Ames Go: "Icía Ares e Juan Manuel Morales gañadores absolutos do I Trofeo de Marcha en Ruta 2024"

La Voz de Galicia: "Icía Ares y Juan Manuel Moares ganan la primera edición el Trofeo de Marcha en Ruta en Ames"

Icía Ares e Juan Manuel Morales proclámanse gañadores absolutos do I Trofeo de Marcha en Ruta 2024

Multimedia

  • Icía Ares e Juan Manuel Morales proclámanse gañadores absolutos do I Trofeo de Marcha en Ruta 2024