Pestanas principais

Inaugúrase na praza do Concello a exposición “Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA”, que se poderá visitar ata o 24 de setembro

Mércores, 06 de setembro de 2023

O Concello de Ames presentou esta mañá  a exposición “Vixando”, unha proposta que mostra pezas das coleccións de arte Afundación e ABANCA, que invitan a recorrer tanto Galicia como o mundo enteiro. A mostra poderá visitarse na praza do Concello ata o vindeiro domingo 24 de setembro. Á inauguración asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; o coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño; a coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela; e a autora dos textos da exposición, Mercedes Rozas; así como Laura Lozano, directora da oficina de ABANCA en Bertamiráns. Participaron tamén diversos membros da Corporación municipal.

A exposición de rúa “Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA”, é unha proposta que inclúe pezas cuxa cronoloxía abarca dende finais do século XIX ata a actualidade. Cada unha delas vai acompañada dun texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas. O concepto do proxecto é a viaxe, que sempre supuxo unha busca de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un modo de descubrir novos rumbos para a proxección artística.

A mostra estará dispoñible para visitar de balde na praza do Concello de Bertamiráns dende hoxe, 6 de setembro, e ata o día 24. A través dela, a veciñanza poderá emprender a súa propia viaxe, deixando voar a imaxinación e percorrendo as rúas, os campos, as atmosferas e as sensacións que evoca cada imaxe.

A coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela, explicou durante a inauguración que “A mostra ‘Viaxando’ permítenos levar cultura fóra das nosas sedes, e facelo incluso na rúa. Como o seu nome indica, esta exposición invítanos a viaxar, a percorrer o mundo da mirada, do xenio e da imaxinación dos artistas galegos, que nos levan a lugares tan dispares como El Cairo, a Nueva York, a Barcelona... e sen olvidar Galicia".

“Podemos descubrir diferentes artistas que seguro que encaixan cos distintos gustos dos visitantes. Veremos romanticismo, impresionismo, realismo e ata arte contemporáneo. Todo isto responde a unha mostra fresca, divertida, interesante e heteroxénea”, rematou Vela.

Pola súa banda, José Manuel Vilariño, coordinador institucional de ABANCA na Coruña sinalou que “dende ABANCA é un pracer poder inaugurar esta exposición. Levabamos tempo querendo traer algo ao concello de Ames, e por fin podemos facelo con esta bonita exposición de rúa. Buscamos acercar a cultura e este tipo de iniciativas a todas as vilas e poboacións. Esa é a filosofía desta mostra, que esperemos que desfrute toda a veciñanza".

Rematou a rolda de intervencións o alcalde de Ames, Blas García, que quixo “agradecer a ABANCA que poidamos traer esta exposición ao concello, e, concretamente, á rúa. Deste xeito achegamos a cultura a todo o mundo. Coa imaxinación podemos chegar a todos os lugares que se poden ver nesta mostra, ademais de coñecer a distintos artistas galegos”. García rematou reiterando que “esperamos seguir colaborando con ABANCA, e mostramos a disposición do Concello de Ames para traer novas exposicións”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Un viaje artístico desde Ames"

Imaxe grupal da inauguración da exposición

Multimedia

  • Inaugúrase na praza do Concello a exposición “Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA”, que se poderá visitar ata o 24 de setembro
  • Inaugúrase na praza do Concello a exposición “Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA”, que se poderá visitar ata o 24 de setembro
  • Inaugúrase na praza do Concello a exposición “Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA”, que se poderá visitar ata o 24 de setembro
  • Inaugúrase na praza do Concello a exposición “Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA”, que se poderá visitar ata o 24 de setembro
  • Inaugúrase na praza do Concello a exposición “Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA”, que se poderá visitar ata o 24 de setembro