Martes, 21 de xuño de 2011
[21-06-2011] O Concello de Ames oferta 416 prazas para que os rapaces e rapazas, mozos e mozas que teñen de 3 a 18 anos gocen duns días de campamentos en lugares como as granxas escolas "Fervenzas do Toxa", "Os Barreiros" e "Kiriko", no campamento Os Biocos ou no campamento xuvenil de Cantabria. Este ano ofrécense 61 prazas máis respecto á edición anterior debido a gran afluencia que teñen todos os anos estes campamentos. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter información de interese sobre os diferentes campamentos que se ofertan.