[04-06-2012] O Concello de Ames publica o informe realizado polos departamentos de Secretaria, Intervención e Tesourería sobre as consecuencias xurídicas de permitir a caducidade do procedemento de comprobación limitada iniciada respecto da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana. O pasado 28 de maio de 2012 solicitouse mediante providencia de alcaldía un informe sobre a posibilidade de propiciar a caducidade do procedemento de comprobación limitada iniciado ao respecto da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana, para así evitarlle aos veciños afectados polo mencionado expediente o pago da taxa correspondente aos anos 2009 a 2011. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto realizado polos departamentos de Secretaria, Intervención e Tesourería sobre o pago da taxa de recollida do lixo.