Pestanas principais

Inscríbete e participa na andaina pola senda verde O Milladoiro – Bertamiráns do día 20 de setembro

Venres, 11 de setembro de 2020

O Concello de Ames organizou unha programación específica para conmemorar a II Semana Europea da Mobilidade. Ditas actividades desenvolveranse en Ames do 16 ao 22 de setembro. O programa inclúe unha andaina pola senda verde, que discorre entre O Milladoiro e Bertamiráns, que se desenvolverá o domingo, 20 de setembro, a partir das 10.00 horas. Esta actividade, que está organizada en colaboración entre as Concellerías de Mobilidade, Sanidade, e Medio Ambiente, tamén está incluída no programa "Activa o teu Outono". A andaina pola senda verde ten 13,23 quilómetros de percorrido lineal, cunha dificultade media - alta pola súa lonxitude. Ofértanse un total de 50 prazas (faranse dous grupos de 25 persoas), que xa están cubertas. A inscrición na lista de agarda pódese facer de xeito telemático ata o próximo xoves, 17 de setembro, ás 23:59 horas.

O Concello de Ames celebra do 16 ao 22 de setembro a II Semana Europea da Mobilidade. Unha das actividades previstas dentro de dita programación é a andaina pola senda verde, que discorre entre O Milladoiro e Bertamiráns, e que se desenvolverá o domingo, 20 de setembro, a partir das 10.00 horas.

Esta senda enlaza os núcleos de Bertamiráns e O Milladoiro a través de camiños e pistas forestais nun traxecto que percorre zonas con un interesante valor patrimonial e paisaxístico. O seu trazado é lineal e permite incorporarse á ruta ou abandonala en varios lugares ao longo do seu itinerario, grazas á extensa rede de camiños e pistas existentes no noso rural.

A idade mínima para participar é de 12 anos. Aqueles participantes que sexan menores de idade terán que ir acompañados dun adulto. Os/as participantes dividiranse en 2 grupos diferenciados por cores, que lle serán asignados pola organización, no momento da súa identificación antes do inicio da andaina. Cada grupo situarase no seu punto de saída polo menos 5 minutos antes do comezo da andaina.

Esta actividade está organizada en colaboración entre as Concellerías de Mobilidade, Sanidade, e Medio Ambiente. A saída será dende a Igrexa nova do Milladoiro e haberá servizo gratuíto de autobús á ida, dende a praza do Concello en Bertamiráns, ás 9:30 horas. As persoas que queiran empregar o servizo de autobús terán que estar ás 9:25h na parada de autobús, que está ao carón da praza do Concello. Unha vez rematada a andaina, haberá servizo de autobús de volta dende O Milladoiro.

A andaina pola senda verde ten 13,23 quilómetros de percorrido lineal, cunha dificultade media - alta pola súa lonxitude. Os/as participantes terán a oportunidade de gozar de paraxes de singular beleza, lugares de interese histórico local, núcleos de poboación tradicionais e elementos de carácter etnográfico e relixioso.  Contarase co monitor de marcha nórdica, Ricardo Anguieira, para aquelas persoas que desexen iniciarse ou afianzar a súa técnica.

Para participar desta andaina é preciso inscribirse. Ofértanse un total de 50 prazas (faranse dous grupos de 25 persoas), que xa están cubertas. A inscrición na lista de agarda pódese facer de xeito telemático ata o próximo xoves, 17 de setembro, ás 23:59 horas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Andaina pola senda que une as dúas urbes amesás"

Cartel informativo da andaina pola senda verde O Milladoiro – Bertamiráns do día 20 de setembro

Multimedia

  • Cartel informativo da andaina pola senda verde O Milladoiro – Bertamiráns do día 20 de setembro