Pestanas principais

Inscríbete e participa na Festa do Entroido do programa Amessan que se celebra este sábado 22 de febreiro

Mércores, 19 de febreiro de 2020

Este sábado, 22 de febreiro, celebrarase na Casa da Cultura de Bertamiráns a Festa do Entroido de Amessan. A partir das 17.30 horas, os asistentes poderán desfrutar de música en vivo co Trío Alborada Show e a degustación de pratos típicos de Entroido. Haberá autobuses para asistir ao evento dende as paradas de costume, reservando praza nos números de teléfono 662 377 044 ou 683 327 378. Dende a Concellería de Benestar Social animan á toda veciñanza amesá a asistir disfrazado.

A Festa do Entroido do programa Amessan celebrarase o próximo 22 de febreiro, ás 17.30 horas. A temática do evento é “O gran musica”, e haberá premios para os tres mellores disfraces participantes. Aínda así, dende a Concellería de Benestar Social recalcan que o importante e ir disfrazado e pasar un bo rato de lecer, e non tanto a temática do disfrace.

Asemade, haberá música ao vivo a cargo do Trío Alborada Show e degustación de pratos típicos de Entroido como filloas ou orellas. Para que todo o mundo poida asistir, está programado un servizo de autobuses coas paradas de costume nas diferentes parroquias. Para reservalo é necesario chamar aos números de teléfono 662 377 044 ou 683 327 378.

Programa Amessan
Este programa de envellecemento activo, destinado a persoas maiores de 60 anos, inclúe actividades de ximnasia terapéutica e de artesanía, así como obradoiros de música tradicional e de memoria. Estas actividades desenvólvense nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro e nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira e Trasmonte.

Cartel da festa de entroido do programa Amessan

Multimedia

  • Cartel da festa de entroido do programa Amessan