O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, abre o prazo para inscribirse nas actividades terapéuticas de verán que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro durante os meses de xullo e agosto. As actividades de ioga e pilates impartiranse en horario de mañá, mentres que a actividade de aquagym será en horario de tarde. As inscricións poderanse tramitar ata que se cubran todas as prazas. A actividade de aquagym é gratuíta. Tan só hai que achegarse as piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e participar, mentres para participar nas actividades de pilates e ioga hai que aboar 6 euros ao mes.
A Concellaría de Deportes acaba de publicar unha nova proposta de actividades para os meses de xullo e agosto. Deste xeito, impartiranse actividades de ioga e pilates en horario de mañá, mentres que polas tardes haberá aquagym. A actividade de ioga será os martes e xoves nos xardíns da área deportiva de Bertamiráns, mentres que os mércores e venres impartirase nos xardíns da área deportiva do Milladoiro. En ambas localidades dita actividade impartirase ás 10.00 horas.
En Bertamiráns a actividade de pilates realizarase no ximnasio do pavillón polideportivo os mércores e venres, mentres que no Milladoiro impartirase na Casa da Cultura os martes e xoves. Esta actividade tamén se impartirá a partir das 10.00 horas. Por último a actividade de aquagym desenvolverase os martes na piscina descuberta de Bertamiráns e os mércores na piscina descuberta do Milladoiro. En ambas localidades, esta actividade comezará as 16.00 horas e terá unha duración de 45 minutos.
Tramites de inscrición
As inscricións poderanse tramitar ata que se cubran todas as prazas. Para inscribirse será necesario cubrir a ficha de inscrición, solicitar a folla de pagamento e entregar a documentación requirida na Casa da Cultura do Milladoiro ou na Oficina de Deportes de Bertamiráns, situada na Casa do Concello. A actividade de aquagym é gratuíta e sen inscrición previa. Tan só é necesario achegarse á piscina e participar. Para participar nas actividades de pilates e ioga hai que aboar 6 euros ao mes.
Ligazóns:
Compostela 24 horas: "Ames abre a inscrición para as actividades terapéuticas neste verán"
El Correo Gallego: "Ames vai ofertar ioga, pilates e aquagim como actividades terapéuticas de verán"