Pestanas principais

Inscríbete na andaina saudable que percorre a sétima etapa da ruta xacobea desde o Barbanza

Xoves, 06 de xuño de 2024

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola sétima etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o sábado 15 de xuño. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo desde a igrexa de Santa María de Leiro, en Rianxo, e chegando ata o Lugar de Tallós, en Dodro. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o mércores, día 12. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, organiza unha nova actividade dentro do programa municipal “Andainas Saudables”. Trátase da sétima etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, un recorrido de 120 quilómetros que parte dende o Faro de Corrubedo e pasa por diversos lugares da ría de Arousa, atravesando cidades e pobos costeiros como Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ata enlazar co Camiño Portugués ao chegar a Padrón.

Deste xeito, volven as andainas saudables polo Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. No pasado mes de maio realizouse a sexta etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, que discorreu desde a igrexa de San Vicente de Cespón ata a igrexa de Santa María de Leiro, en Rianxo. Agora, organízase a sétima etapa que discorre dende Rianxo ata Dodro.

Os participantes comezarán a ruta na igrexa de Santa María de Leiro, en Rianxo, e percorrerán quince quilómetros ata chegar ao lugar de Tallós, en Dodro. Recoméndase levar roupa e calzado axeitados. Hai 70 prazas dispoñibles, e as persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o mércores, 12 de maio, ás 14:00 horas, cubrindo o formulario dispoñible nesta ligazón ou mediante o código QR do cartaz.

Haberá servizo de autobús dende a praza do Concello de Bertamiráns (ás 9:00 horas) e dende a Casa da Cultura do Milladoiro (ás 9:15 horas). Debido á alta demanda en anteriores andainas, terán prioridade as persoas empadroadas en Ames.

Inscríbete na andaina saudable que percorre a sétima etapa da ruta xacobea desde o Barbanza

Multimedia

  • Inscríbete na andaina saudable que percorre a sétima etapa da ruta xacobea desde o Barbanza