- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza unha xornada de portas abertas para asistir a un curso de piragüismo o vindeiro sábado 5 de xuño, na Pravia Fluvial de Tapia. Esta actividade, que se desenvolverá de 11.00 a 13.00 horas, está dirixida aos nenos/as maiores de 7 anos que saiban nadar. Precísase levar traxe de baño, chinelas e camiseta. Para inscribirse débese enviar un email a info@ribeirasdotambre.es
Coa chegada do verán, as actividades e deportes acuáticos convértense nunha alternativa óptima e refrescante para divertirse e gozar na natureza. Con este obxectivo, a Concellaría de Deportes organiza, un ano máis, unha xornada de iniciación ao piragüismo este sábado, 5 de xuño, na praia fluvial de Tapia. Dende as 11.00 ata as 13.00 horas, os e as participantes aprenderán a subirse a unha piragua, a manter o equilibrio e a manexar as palas para que a embarcación se desprace correctamente.
Así, todo aquel que desexe iniciarse no deporte do piragüismo poderán participar e gozar desta xornada de portas abertas que se celebra todos os anos. Os únicos requisitos para participar na actividade serán ter máis de 7 anos e saber nadar. Asemade, recoméndase o uso de traxe de baño, camiseta, e chinelas. O Concello de Ames conta coa colaboración do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre, que se encarga de impartir esta actividade, e da Deputación da Coruña.
Para inscribirse débese enviar un email a info@ribeirasdotambre.es
Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 619 842 504.