Pestanas principais

Invístense 15.440 euros para mellorar as instalacións e na adquisición de novo material musical para a Escola Municipal de Música de Ames

Luns, 28 de decembro de 2020

O Concello de Ames, a través da Consellaría de Cultura, realizou diversas mellora este ano na Escola Municipal de Música de Ames. Grazas a unha axuda da Deputación provincial da Coruña, investíronse 9.500 euros na mellora de diversas aulas. Ademais, investíronse 5.940,95 euros na adquisición de novo material musical para o alumnado da escola. Có pre lembrar que este curso as clases comezaron o pasado 1 de outubro despois da elaboración dun protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19.

 

O pasado 1 de outubro botou a andar o curso 2020/2021 da Escola Municipal de Música de Ames. Para a volta ás aulas do alumnado da EMMA foi necesario elaborar un protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19, que está baseado nas indicacións sanitarias xerais e considerando tamén ás relativas ás actividades educativas e musicais.

Entre as principais consideracións, resalta que é obrigatorio o uso de máscaras por todo o alumnado, ademais de manter a distancia de seguridade de 1,5 metros en todo o centro. O alumnado dos instrumentos de vento só poden retirar a máscara no momento de tocar, e por seguridade, nas clases destes instrumentos e de canto debe respectarse unha distancia de 3 metros. Ademais, modificouse a entrada ao centro opara o alumnado. Deste xeito, as entradas ao centro fanse pola porta principal, e as saídas pola traseira. Tamén se fixo unha reorganizaron dos espazos e horarios. O protocolo completo pódese consultar premendo nesta ligazón.

A concelleira de Cultura, Natividade González, explica que “as clases na Escola Municipal de Música deste curso 2020/2021 comenzaron o pasado 1 de outubro, despois de ter feito o protocolo de adaptación ao contexto da Covid- 19, e der ter o espazo da escola adaptado a este protocolo. Houbo que facer distintas actuacións como un estudo e sinalización do aforo das aulas, revisión dos sistemas de ventilación, colocación de mamparas nas aulas, onde se desenvolven clases de instrumento de vento/canto, colocación de dispensadores de xel hidroalcohólico e organización e sinalización de entradas e saída, entre outras medidas”.

Mellora nas instalacións da EMMA
Por outra banda, este ano realizáronse diversas melloras nas instalacións da Escola Municipal de Música de Ames. A través dunha axuda da Deputación provincial da Coruña, investíronse 9.500 euros na mellora de diversas aulas. Así púidose cambiar a moqueta da aula de batería/percusión, pintáronse as aulas e mailos aseos, substituíronse os equipos de emerxencia e cambiáronse as placas de escaiola deterioradas no falso teito.

Ademais, investíronse 5.940,95 euros na adquisición de novo material musical para o alumnado da escola. Deste xeito, adquiriuse unha frauta, un violín, un saxofón, unha guitarra, un teclado, unhas congas, unha mesa de son, altofalantes Bluetooth , atrís fixos e plegables. Tamén e mercou material diverso de pequena percusión: pandeiros, agogós, cabassa, claves, frauta de émbolo, campás afinables e material de reposición por desgaste de batería/percusión: parches para batería, soportes para pratos, asento de banqueta, cables para micros, etc.
Despois da compra de dito material actualizouse o inventario do material musical da escola e marcouse coas etiquetas correspondentes para poder incluírse no inventario municipal.

Novas relacionadas: 

Novas relacionadas: 

Alumnado Escola de Música