Pestanas principais

Javier Busto e María Isabel de Picoaga acadan os mellores postos na clasificación xeral da Transgalaica Ames 2019

Luns, 11 de marzo de 2019

[11-03-2019] O concello de Ames acolleu este domingo unha nova proba do circuíto Transgalaica, unha cita ineludible no calendario deportivo do municipio ao celebrarse por cuarto ano consecutivo en territorio amesán. A proba, organizada polo Club de ciclismo Os Esfola Arrós e o Concello de Ames, estivo encadrada na modalidade de ciclismo de montaña XC – maratón. O primeiro posto masculino da clasificación xeral foi para Javier Busto, mentres que o primeiro lugar feminino foi para María Isabel de Picoaga. No tocante aos clubs, Extol – La Gramola Team acadou o primeiro posto, mentres que OEA conseguiu o cuarto lugar. As clasificacións poden consultarse premendo no enlace situado baixo a pestana de descargas desta mesma nova.


Clasificacións individuais e por equipos
Na categoría absoluta masculina o gañador foi Javier Busto, seguido por Estefan González e Manuel Casuso no segundo e terceiro posto. Así, no tocante ás distintas subcategorías, Roi López acadou o mellor posto na Junior, seguido por Ismael Rodríguez e Ángel Maneiro; Javier Busto acadou o primeiro posto na elite-sub 23 mentres que o segundo e o terceiro foi para Estefan González e Esteban Sánchez. O primeiro posto da master 30 foi para Manuel Casuso, seguido de Federico Ramón Lamas e Arturo Ferreiro; mentres que o podio do master 40 ocupárono Daniel Herraez, Abel Rollano e Miguel Ángel Arias; e o do master 50-60 Francismo Javier López, Manuel Rodríguez e José Antonio Álvarez.

Pola súa banda, María Isabel de Picoaga proclamouse gañadora da categoría absoluta feminina, seguida por Silvia Blanco e Diana Blanco no segundo e terceiro posto. En canto ás subcategorías, Diana Blanco foi a máis rápida na féminas elite, seguida por María Martínez; mentres que na feminas master ao podio chegaron a propia María Isabel de Picoaga, Silvia Blanco e Silvia García.

Na categoría Open, Samuel Baña alcanzou o primeiro posto mentres que o segundo lugar foi para Efren Sestayo e o terceiro para José Lino Enríquez. No tocante á clasificación por equipos, na que se clasificaron un total de 47, o primeiro posto foi para Extol- La Gramola Team, o segundo para o Burgas Bike Team, C.D. e o terceiro para De Montaña Xesteiras C.C.. O club amesá Os Esfola Arrós acadou o cuarto posto da proba.

Próximas probas do circuíto Transgalaica 2019
A primeira proba da Transgalaica 2019 tivo lugar o pasado 24 de febreiro no concello de Cerdedo-Cotobade, seguida da segunda proba desenvolvida en Ames. A vindeira cita na axenda dos e das amantes do ciclismo de montaña e os participantes desta edición da Transgalaica será no concello da Estrada, á que seguirán as probas de Vigo e Silleda. Así, as tres probas restantes desenvolveranse na provincia de Pontevedra.


O circuíto Transgalaica realizou, un ano máis, unha parada en Ames para celebrar unha das súas probas. Nesta edición do 2019 o concello amesán acolleu este domingo, 10 de marzo, a segunda das cinco probas que conforman este circuíto. No total, inscribíronse para participar un total de 426 ciclistas, dos que 408 participaron na competición e 18 o fixeron como cicloturistas, polo que só tiveron que dar unha volta ao circuíto.

Así, o percorrido desta segunda proba partiu do Pazo da Peregrina ás 9.30, e pasou por Covas, Ventosa, monte de San Marcos, ao carón do rego de Riamonte, o alto de Liñaredo, a praia fluvial de Tapia e a estrada que vai Seares de Arriba a Lens, pasando pola baixada de Pegariños, Caroubáns, ata finalizar no Pazo da Peregrina. En total, 33 quilómetros que os participantes da competición tiveron que percorrer dúas veces ata completar os 66 quilómetros dos que constou a proba.

Na xornada participaron as categorías masculina absoluta, que englobou as subcategorías júnior, S23, elite, M30, M40, M50, M60; a feminina absoluta, que á súa vez estivo formada polas participantes júnior, S23, elite e master; e a Open, na que entraron cicloturistas e ciclistas con licencia de 1 día. Asemade, a orde de saída estivo determinada polas 100 primeiras posicións da clasificación xeral absoluta da Transgalaica.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Busto e De Picoaga brillan en Ames"
La Voz de Galicia: "A mindoniense Isabel Picoaga, líder da Transgalaica en BTT"
Compostela 24 horas: "Éxito de participación do circuito Transgalaica 2019"
La Voz de Galicia: "Javi Busto venció en Ames y sigue líder de la Transgalaica"