Pestanas principais

Lista provisional de admitidos/as nos servizos complementarios de Educación 2016-2017

Mércores, 15 de xuño de 2016

[15-06-2016] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a lista provisional de admitidos/as nos servizos complementarios de Educación para o curso 2016-2017. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista. Para que a praza provisional se faga definitiva é necesario que se formalice a matrícula entre o 20 de xuño e o 8 de xullo (ambos inclusive). A formalización da matrícula pode facerse no departamento de Educación en Bertamiráns (de luns a venres) e na Oficina Municipal do Milladoiro (os luns e xoves), previa cita chamando ao número de telefono 981884991. Outra opción é facer a matrícula a través da páxina web www.conciliames.org, aínda que despois hai que presentala por rexistro.

Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se un rapaz ou rapaza está admitido/a a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuario/a. Os usuarios/as que saian nestas listas con algunha incidencia teñen que sulucionalo para poder confirmar a praza en calquera servizo. Para elo teñen que poñerse en contacto co departamento de educación chamando ao número de telefono 981884991.