Pestanas principais

Listaxe definitiva do alumnado seleccionado para o obradoiro de emprego “Entre Ríos”

Mércores, 20 de agosto de 2014

[20-08-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica e Traballo, informa das listas definitivas de candidatos seleccionados para o obradoiro de emprego “Entre Ríos”. Trátase dun programa de emprego e formación, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, e promovido polo Concello de Ames, en colaboración co concello de Brión. A especialidade a impartir é a de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Neste obradoiro participarán 22 alumnos (18 alumnos/as do Concello de Ames e 4 alumnos/as do Concello de Brión). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a lista definitiva de candidatos seleccionados. En primeiro lugar aparecen os 18 candidatos seleccionados de Ames, e a continuación, pódense ver os 4 candidatos seleccionados do concello de Brión. Tamén figuran os candidatos que forman a lista de agarda.