Pestanas principais

Listaxe provisional de admitidos/as nas hortas urbanas municipais do Milladoiro

Xoves, 24 de setembro de 2015

[24-09-2015] O Concello de Ames informa de que xa está publicada a listaxe provisional de admitidos/as na adxudicación de cesión de uso das parcelas das hortas urbanas municipais sostibles e solidarias do Concello de Ames, situadas no núcleo urbano do Milladoiro. Poderanse presentar reclamacións contra esta lista no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte á exposición da listaxe provisional. A lista definitiva publicarase o 5 de outubro de 2015. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita listaxe.