Pestanas principais

Lucia Suárez, Lucia Dosil, Juan Manuel Villar e Igor Arce proclámanse campioas galegas, na categoría júnior, no campionato galego de natación de verán

Xoves, 08 de agosto de 2019

As amesás Lucia Suárez e Lucia Dosil, así como os amesáns Juan Manuel Villar e Igor Arce, os/as catro do club de natación Ciudad de Santiago, proclamáronse xunto co resto dos seus compañeiros e compañeiras, campioas e campións galegas/os na categoría júnior. Ademais, na categoría feminina júnior, Lucia Suárez e Lucia Dosil tamén resultaron campioas galegas, e Igor Arce gañou 4 medallas de ouro, en categoría júnior, e 2 medallas de prata na categoría absoluta. Estes premios foron acadados no campionato galego de natación de verán absoluto, júnior e infantil, celebrado no pasado mes de xullo en Pontevedra.

O Club de natación Ciudad de Santiago proclamouse campión galego, na categoría júnior, no campionato galego de natación de verán absoluto, júnior e infantil, celebrado no pasado mes de xullo en Pontevedra. Neste equipo júnior estaban as amesás Lucia Suárez e Lucia Dosil, así como os amesáns Juan Manuel Villar e Igor Arce. Os catro conseguírono xunto a Manuel Juanatey, Elias Franco, Eva Blaiteau, Carlota Villaverde e Laura Pais.

Conseguírono as mozas na súa categoría júnior feminina con 283 puntos, polos 235 do CN Ferrol e os 190 do CN Ponteareas. E cos puntos dos mozos, que foron quintos na categoría júnior masculina, conseguiron a conxunta júnior con 476 puntos, polos 424 do CN Galaico e os 423 do Pavillón Ourense.

Deste xeito, na categoría feminina júnior, Lucia Suárez e Lucia Dosil foron campioas galegas. Ademais, Igor Arce gañou 4 medallas de ouro, en categoría júnior, e 2 medallas de prata na categoría absoluta.

Por outra banda, o amesán Samuel Míguez, participou na proba de 100 metros braza alevín, do VII campionato de España alevín Anella Mediterrània, Tarragona, celebrado do 18 ao 21 de xullo, na piscina Sylvia Fontana. Samuel tivo que baixar a súa marca 1´66 segundos, de 1.15.10 a 1.13.44, para poder entrar na final de 100 metros braza do campionato de España alevín. Tras un ano complicado por distintos problemas físicos, con moita disciplina, Samuel conseguiu o seu obxectivo de volver entrar nunha final, xa que o ano pasado conseguiu entrar na final de 200 braza.

Imaxe dos rapaces e rapazas do club de natación Ciudad de Santiago

Multimedia

  • Imaxe dos rapaces e rapazas do club de natación Ciudad de Santiago
  • Imaxe dos rapaces e rapazas do club de natación Ciudad de Santiago