Pestanas principais

Máis de 100 cativos e cativas de Ames participan no programa municipal de conciliación Nadal Lúdico 2024

Sábado, 28 de decembro de 2024

Como vén sendo habitual nestas datas, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, está a desenvolver o programa de conciliación Nadal Lúdico, unha iniciativa de educación e ocio para os máis pequenos que axuda ás familias amesás a compatibilizar e conciliar a vida laboral e a familiar. Nesta edición, que comezou o pasado 23 de decembro e durará ata o 7 de xaneiro, están a participar 107 rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria.

O programa desenvólvese os días 23, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025. O Nadal Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais dentro dos proxectos municipais e que mellor se adaptan a cada familia, coma son os Bos Días ou o comedor. Para facilitar aínda máis a compatibilidade, os horarios de entrada e saída dos menores son flexibles, tendo a posibilidade de incorporarse ás 7.30 (con almorzo) ou ás 9.00 horas, e de ser recollidos ás 14.30 ou ás 16.00 horas.

Este ano están a participar un total de 107 cativos e cativas; 50 no CEP de Ventín, 35 do CEIP da Maía e 22 na EEI Milladoiro. O programa deste ano ten como obxectivo traballar contidos relacionados coa saúde mental, invitando á rapazada á reflexión ou o descanso para poder fuxir da présa diaria e potenciar durante os xogos e obradoiros do programa a súa creatividade e capacidade de pensamento.

Este venres, a concelleira de Educación, Carmen Porto, achegouse ata o CEIP da Maía para falar cos menores participantes deste ano e co monitorado encargado das actividades, e facer así un balance do programa. Porto explica que dende o Concello se sigue apostando polos Lúdicos que, nestas datas singulares, son un programa esencial para garantir a conciliación laboral e familiar das familias de Ames: “O Nadal Lúdico é unha alternativa fóra das aulas onde os nenos e as nenas poden divertirse e socializar con rapazada de outros centros”.

Programa do Nadal Lúdico 2024: “A maxia da lentitude”
Esta edición do Nadal Lúdico está focalizada en traballar contidos e aspectos como a reflexión, o descanso, a colaboración, a cooperación, a natureza, entre outros. O obxectivo deste ano é que a rapazada poida afastarse do vertixinoso ritmo de vida diario que levamos na actualidade e que pode afectar no desenvolvemento e crecemento dos máis pequenos.

As nenas e nenos do programa coñeceron a historia de Momo, a personaxe da novela de Michael Ende do 1972, para axudarlles a traballar varios contidos relacionados coa filosofía lenta coma por exemplo a escoita activa. Esta personaxe é un dos eixos centrais do programa deste ano, pois varias das actividades nas que participan os cativos e cativas están baseadas na historia de Momo.

Na mesma liña, a rapazada que está a participar no Nadal Lúdico tamén realizou diferentes dinámicas relacionadas coa natureza e os ritmos naturais da vida, coma por exemplo a celebración do solsticio de inverno, unha actividade na que os participantes realizaron meditación guiada ou a danza de inverno, entre outros xogos.

A través da dinámica “Un mundo xusto?”, os menores poden traballar a importancia da cooperación a través da reflexión sobre a desigualdade nas diferentes partes do mundo. Por outra banda, tamén están a realizar diferentes xogos predeportivos para que os rapaces e rapazas aprendan valores a través do deporte.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Más de un centenar de menores de Ames participan estos días en el programa municipal de conciliación Nadal Lúdico"

El Correo Gallego: "O Nadal Lúdico de Ames supera a centena de participantes nesta edición"

Máis de 100 cativos e cativas de Ames participan no programa municipal de conciliación Nadal Lúdico 2024

Multimedia

  • Máis de 100 cativos e cativas de Ames participan no programa municipal de conciliación Nadal Lúdico 2024