Pestanas principais

Máis de 200 persoas asistiron á segunda edición da Gala da Diversidade

Luns, 09 de decembro de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, celebrou este pasado domingo 8 de decembro a segunda edición da Gala da Diversidade no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O evento volveu a celebrarse despois de dous anos da súa estrea e ten como obxectivo dar visibilidade e potenciar a inclusividade dentro das artes escénicas. Cunha asistencia de máis de 200 persoas, dende a organización amósanse máis que satisfeitos pola boa acollida que tivo a iniciativa.

Este pasado domingo 8 de decembro, celebrouse no auditorio de Bertamiráns a segunda edición da Gala da Diversidade, acto que se realiza con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, que se conmemora cada ano o 3 de decembro. Un evento que puxo en valor o traballo das persoas con diversidade funcional e as actividades que desenvolven no ámbito das artes escénicas.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, amosouse satisfeita pola boa acollida que tivo esta celebración “facemos un balance moi positivo, houbo aforo completo sendo só a segunda edición da gala”. Así mesmo, destacou que “tanto o colectivo de persoas con diversidade funcional como as propias familias estiveron moi implicados no acto, é unha parte importante da veciñanza do municipio que temos que ter en conta e seguir apoiando”.

Deste xeito, o Auditorio de Bertamiráns encheuse para gozar dunha gala, conducida pola xornalista da TVG Raquel Pérez, na que as asociacións para persoas con diversidade funcional representaron diferentes obras teatrais, danza, musicais e de circo.

As entidades que participaron foron DiversidArte, Aspamite, os membros dos diferentes colectivos que participan no obradoiro de Artes Vivas do Concello de Ames e tamén contouse cunha actuación musical da cantautora Silvia Penide, que actuou xunto coa asociación DiversidArte o tema “Diferentes Diferenzas”.

Éxito que axuda a visibilizar
A Gala da Diversidade naceu co motivo de conmemorar o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional e crear un espazo no que darlles visibilidade e apoio ao traballo que realizan nas artes escénicas. Finalmente, tras dous anos sen celebrarse, a resposta da veciñanza á iniciativa foi moi positiva e demostra que todos temos que seguir apoiando pola inclusividade dos colectivos de persoas con diversidade funcional en todos os ámbitos da sociedade..

Tras a gala, houbo unha festa posterior no hall da Casa da Cultura na que os asistentes puideron gozar de música a cargo de DJ Rei, petiscos e fotocol.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Máis de duascentas persoas gozaron da segunda Gala da Diversidade de Ames

Máis de 200 persoas asistiron á segunda edición da Gala da Diversidade

Multimedia

  • Máis de 200 persoas asistiron á segunda edición da Gala da Diversidade